Skip to Content

FORMULARIOS DE MATRÍCULA CURSO 2022-23

Para formalizar a matrícula poden recoller os formularios no centro ou descargalos do web (entregar duplicado)
Formulario de matrícula
Pago do seguro escolar
Solicitude de parada de transporte escolar (ordinario ESO: Oza-Cesuras e Aranga)
Autorización de dereito de imaxe e actividades

CALENDARIO DE MATRÍCULA CURSO 2022-23

Publícase o calendario de entrega de documentación de matrícula para o curso 2022-23

Calendario

Información xeral de admisión. Curso 2022/2023

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Máis información, prema aquí.

Calendario para FP básica, prema aquí

SOLICITUDE DE ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

A Orde do 29 de abril de 2022 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2022/23 para alumnado matriculado en primaria e secundaria.

Lugar de presentación, o centro no que estea admitido o alumnado, para o curso 2022/23.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en
ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese
matriculado no curso 2021/22.

Prazo de solicitude: do 19 de maio ata o 22 de xuño
Formulario: anexo

ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2022-23

Os interesados poden consultar as listaxes na aplicación "admisionalumnado" (empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre) ou no propio centro.

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán presentar recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. (Artigo 32 Orde do 12 de marzo de 2013)

OFERTA EDUCATIVA BACHARELATO

Comunicamos que no IES As Mariñas se poden cursar estudos de Bacharelato nas seguintes modalidades:

Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía
Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais
Bacharelato Xeral

Distribuir contido


by Dr. Radut