YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

Ateción a Nais e Pais. Curso 2022-23

 

  PROFESORADO 22-23 HORA ATENCION CARGOS
1 Aira López, Montserrat Xoves 12:00 - 12:50 (C.E.)
2 Alonso Janeiro, Patricia Luns 09:50 - 10:40 (TITOR_1ºA_BACH)
3 Álvarez García, María Elisa Martes 18:00 - 18:50 (TITORA_1º AFI)
4 Balseiro Álvarez, Sofía Luns 12:00 - 12:50 (Profesora Relixión Católica)
5 Barral Sánchez, Begoña Xoves 10:40 - 11:30 (X.D. Dinamización Lingüística)
6 Cacheda Pérez, Ricardo Xoves 18:50 - 19:40 (TITOR_2º AFI-Ad)
7 Casal Devesa, Margarita Xoves 12:00 - 12:50 (TITORA_2º XEA-Ad)
8 Castroagudín Melón, Ramón Miércoles 12:50 - 13:40 (SECRETARIO)
9 Díaz Castro, María Luisa Luns 12:00 - 12:50 (COOR_BIBLIOT.)+(X.D.)+(C.E.)
10 Fernández Alonso, Luis Castor Xoves 10:40 - 11:30 (TITOR_1º PRE)
11 Fernández Fernández, Mercedes Luns 12:00 - 12:50 (COOR_FCT)
12 García Carballo, Xoán Mércores 10:40 - 11:30 (X.D.)
13 Gude Ayaso, Dolores Luns 12:50 - 13:40 (X.D.)
14 Iglesias Santomé, Enrique Luns 10:40 - 11:30 (X.D.)
15 Isorna Santiago, Armando Mércores 09:50 - 10:40 (X.D.)
16 Lasheras Goicoechea, Juana Martes 12:50 - 13:40 (TITORA_2º AFI)
17 López Blanco, Julia luns 12:00 - 12:50  
18 López Fernández, Laura Rosa Martes 18:00 - 18:50 (TITOR_2º PRE_Ad)
19 López Fernández, Carmen Mércores 19:40 - 20:30 (TITORA_1º AD)
20 López Otero, Jaime Mércores 18:00 - 18:50 XEFE ESTUDOS + COOR_WEB
21 Losada Fernández, Rubén Xoves 12:00 - 12:50 (TITOR_2ºB_BACH) + (X.D.)
22 Louzao Rodríguez, Xoán A. Mércores 12:00 - 13:50 (X.D.)
23 Martín Álvarez, Mª Jesús Martes 18:50 - 19:40 (TITORA_1º XEA-Ad)
24 Méndez-Benegassi Gamallo, Noemí venres 10:40 - 11:30 (TITORA_2º PRE) + X.D.
25 Moure Beiroa, Manuel Mércores 12:00 - 12:50 (TITOR_2º SEA)
26 Naverán Ruido, Nuria venres 09:50 - 10:40  
27 Negreira Noya, Remedios venres 10:40 - 11:30 (TITOR_2º XEA)
28 Noya López, Jesus Mércores_10:40 - 11:30 (VICEDIRECTOR)
29 Otero Fernández, Elena Mércores 09:50 - 10:40 TITORA_2ºC_BACH
30 Otero López, Francisco Venres 12:00 - 12:50 TITOR_1º_PRO
31 Palacio Perulero, Xosé Martes 10:40 - 11:30 (X.D.)
32 Parapar López, Raquel Martes 10:40 - 11:31 (TITORA_2º AD)
33 Pardo Fernández, Mª José Xoves 12:50 - 13:400 (X.D.) + TITORA_2ºBAC_A
34 Parga Rodríguez, Mª Uxía Luns 18:50 - 19:40  
35 Pena Rey, Antonio venres 09:50 - 10:40 TITOR_2º_PRO + (C.E.)
36 Pérez Mouriño, Pilar Mércores 12:00 - 12:50 (TITORA_1º SEA)
37 Pérez Rodríguez, Victor Martes 15:30 - 16:20 (TITOR_1º AFIA)
38 Pérez-Santamarina Feijóo, Carmen Venres 12:50 - 13:40 (TITORA_1ºC_BACH) + (X.D.)
39 Piñeiro Soliño, Nemesio Mércores 12:00 - 12:50 (X.D.) + (C.E.)
40 Preto Fenández, Brais Mércores_10:40 - 11:30  
41 Prieto Ramos, Mª Jesús Xoves 18:20 - 17:10 (X.ESTUDOS-DIURNO)
42 Quelle Cuadrado, Mariña Luns 9:50 - 10:40 (C.E.)
43 Rey Rey, Alejandro Xoves 10:40 - 11:30 X.D. + (C.E.)
44 Rodríguez López, Ana María Venres 12:00 - 12:50  
45 San José García, Gloria Martes 10:40 - 11:30 (TITORA_1º XEA)
46 Sotelos Pardos, Marina Venres 12:00 - 12:50  
47 Suárez Míguez, Fernando Martes 12:00 - 12:50  
48 Sumay Rey, José A. Xoves 10:40 - 11:30 (DIRECTOR)
49 Tomé Mourenza, Angel Xoves 17:10 - 18:00 (TITOR_1º PRE_Ad)
50 Varela Cordeiro, Ana Martes 12:00 - 12:50 (ORIENTACION)
51 Vázquez Díaz, Sabela Martes 12:00 - 12:50  
52 Vázquez López, Alejandra Martes 18:00 - 18:50 (COOR_ERASMUS) + (C.E.)
53 Vidán Ortiz, Isabel Mércores 12:00 - 12:50 (X.D.) + TITORA_1ºBAC_C
54 Vieites Fernández, Gabriel Martes 12:00 - 12:50  
     

Excursión Mallorca: Fundació Pilar e Joan Miró e Xardín Botánico de Marivent

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato

A mañá do último día, si, a do día despois da noite máis curta, fomos ao museo mallorquí do famoso artista plástico, visitamos a exposición permanente e a temporal e mesmo gozamos das explicacións do seu taller, con bosquexos nas paredes intactos dende o seu pasamento e a memoria da súa prolífica e constante dedicación á arte naquela fermosa paraxe. Logo baixamos a pé até a residencia de verán da monarquía española, en que visitamos o Xardín Botánico aberto ao público, que contén tamén esculturas de Miró.

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión Mallorca: Fundació Pilar e Joan Miró e Xardín Botánico de Marivent

Excursión Mallorca: Praia S'Arenal

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato

Á tarde do penúltimo día, fomos por fin á enorme praia de S'Arenal, e colocámonos xusto diante do posto de vixilancia do 112, inda que algún acordou tarde para reclamar os seus servizos. Nadamos, tomamos o sol e sacamos esta chea de fotos. Nas fermosas luces do solpor xa se adiviñaba o drama de termos que marchar ao día seguinte.

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión Mallorca: Praia S'Arenal

Excursión Mallorca: Valldemossa e estación do ferrocarril Sóller

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato

O luns visitamos a fermosísima vila montañesa de Valldemossa, onde contratamos un guía grazas ao instituto para visitar a Cartoixa, en que pararon longo tempo Chopin e George Sand, entre outros/as. Gozamos das rúas, as compras e até un concerto de piano en directo con pezas do famoso compositor romántico. Ao ir para alá, perdemos por minutos o coche de liña, e aproveitamos para visitar a estación do primeiro ferrocarril da Illa, onde nos colleu por sorpresa unha exposición de Miró coa que non contabamos, aperitivo da visita ao día seguinte á súa Fundació.

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión Mallorca: Valldemossa e estación do ferrocarril

Excursión a Mallorca: ALMUDAINA E BARRIO XUDEU

 Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato

Á tarde do domingo vimos as murallas dende fóra, visitamos a Almudaina e paseamos pola metade de zona vella que nos faltaba por coñecer, incluíndo a Rambla e o Barrio Xudeu, con algunha casa de fachada modernista que lembraba a Pedrera de Barcelona e sobre todo os símbolos da resistencia conversa acochados nas rúas estreitas e nos recantos máis imprevistos.

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión a Mallorca: Almudaina e barrio xudeo

Excursión a Mallorca: AQUALAND

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato

Domingo á mañá botámolo no Aqualand, que ficaba alí pertiño do Hotel. Era tan trepidante e había tanta auga que apenas hai imaxes das atraccións máis vertixinosas. Tomamos o sol, a sombra e corremos polo parque na conta atrás que impuña o regreso ao hotel para xantar e a tarde en Palma.

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión a Mallorca: AQUALAND

Excursión a Mallorca: Coves dels Hams i del Drach

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato

O teceiro día dedicámosllo ás famosísimas Coves de Mallorca, nunha excursión con guía pagada polo instituto en que ademais puidemos gozar da fábrica de perlas, as explicacións sobre a fisionomía do terreo mallorquí, Manacor e a escola de Rafa Nadal, os diversos muíños antigos e recentes, e, como non, cantar a rianxeira para o gozo dos/as seareiros/as e camareiros/as do MacDonalds de Porto Cristo e os/as viaxeiros/as do bus.

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión a Mallorca: Coves dels Hams i del Drach

Excursión a Mallorca: Banys Árabs

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato

Pero antes, os Banys Àrabs, os baños árabes en pé dende o século XI, co seu fermoso xardín de Can Fontirroig. Son un dos poucos restos de arquitectura islámica conservados na illa, que lle debe o seu nome, Mallorca, de Madina Mayurqa, o antigo nome de Palma, a Al-Andalus. Mantense a sala central de planta cadrada, cuberta cunha cúpula semiesférica de ladrillos con lumieiras e sostida por 12 columnas con arcos de ferradura, destinada aos baños quentes, para o que dispuña dun dobre chan con ocos por onde circulaba a agua e o vapor. Tamén se conserva unha sala anexa rectangular cuberta con bóveda de canón.

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión a Mallorca: Banys Árabs

Excursión a Mallorca: Zona vella de Palma

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato

O segundo día, de mañanciña, collemos a nosa querida lata de sardiñas L23 S'Arenal-Palma, baixamos na Plaça de la Porta del Camp e fixemos unha xira en mallorquí pola zona vella de Palma: as rúas estreitas, os balcóns modernistas, os famosos patios, os letreiros co «artigo salgado», o Convent de Santa Clara, a muralla dende dentro e enriba, a Catedral, o Concello coa bandeira LGTBI do Día do Orgullo, a Plaça Major, os postos de artesanía... e a nosa queridísima latiña de zamburiñas L23 de volta para S'Arenal

 

 

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión a Mallorca: Zona vella de Palma

Excursión a Mallorca: Paseo Marítimo S'Arenal

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato

Á noite demos un paseo polo Paseo Marítimo de S'Arenal para coñecer o ambiente nocturno, paramos nun par de terrazas e conversamos animadamente, o reggetón e a cuchipanda nos pubs quedarían por decisión da asemblea para máis adiante.

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión a Mallorca: Paseo Marítimo S'Arenal

Excursión a Mallorca: Praia es Fornás

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato.

Nada máis chegar, instalámonos no hotel, xantamos e buscamos unha praia de referencia, que non foi a inmensa de S'Arenal, baixando á dereita, senón unha caliña moi xeitosa á man esquerda na que botamos a primeira de varias tardiñas e varias noites de guitarra, ukelele, cantares e conversas, Es Fornás.

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión a Mallorca: Praia es Fornás

Excursión a Mallorca: Hotel e transportes

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato.

Do xoves 28 de xuño ao martes 3 de xullo viaxamos a Mallorca 2 profes e 11 alumnos/as do IES. Era moita a ilusión polos meses de traballo e venda previos, reservas e avaliacións que tivemos que superar para coller rumbo á Illa Bonita. Case nos custou tanto coma ter que vir de volta ao rematar a aventura.

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión a Mallorca: Hotel e transportes

TALLER DE MICRORRELATOS

María José Viz e Jesús Garabato acercaron, con gran éxito, ao noso alumnado de primeiro curso de Bacharelato ao mundo da microliteratura, en particular aos microrelatos.

María José Viz, escritora e filóloga, exerce como bibliotecaria na cidade de A Coruña. Publicou o seu primeiro libro de Microliteratura: Creaciones mínimas (Ojos Verdes Ediciones, 2016) e, un ano máis tarde, Instantes hallados (Ojos Verdes Ediciones, 2017), obra na que trata de harmonizar a micropoesía e os microrrelatos en “instantes”, aos que aporta ilustracións a súa irmá, Margarita Viz, profesora no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

Jesús Garabato xunta dúas das súas aficcións, a música e a literatura, en varios espectáculos poético-musicais  Invitación a un viaje sonoroNa frente unha estrela, no bico un cantar, etc ─, adaptados por el e interpretados pola Agrupación Musical Albéniz de A Coruña, da que é membro. Tamén é un excelente escritor, principalmente de microliteratura.

Departamento: Lengua Castellana y Literatura     Profesora: Zaida López Muñoz     Curso: 1º Bacharelato     Data: 5 de xuño de 2018

 

Álbum: Curso 17/18 -> TALLER DE MICRORRELATOS

O noso alumno, JORGE CAEIRO LÓPEZ de Administración e Xestión, premio extraordinario de F.P. de grao superior, curso 2016/17.

O alumno D. JORGE CAEIRO LÓPEZ ven de ser galardoado co Premio Extraordinario de FP na Familia Profesional de Administración no curso 2016/17.

O citado premio aparece publicado na Orde da Consellería de Educación do 31 de maio de 2018, DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018.

Parabéns para ao alumno, ao equipo docente e ao departamento.

O equipo directivo.

Carta do Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa:

Anagnórise. Unha fermosa historia de amor de María Victoria Moreno.

Departamentos de Lingua Galega de Literatura e Normalización Lingüística.

Profesorado: Zaida López Muñoz, María J. Pardo Fernández e Leonardo Fernández Campos

Cursos: 1º A,B e C de bacharelato

Lugar de celebración: Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)      Produción: Editorial Galaxia e Limiar Teatro.

Data: 14 de maio de 2018

Prema aquí para ver un resumo da obra

Álbum: Curso 17/18 -> Teatro Anagnórise

Noticia en La Voz de Galicia sobre os Ciclos da familia profesional de Edificación e Obra Civil

Resultado de imagen de la voz de galicia27/05/2018

La falta de alumnado de FP obliga al IES de Fontiñas a rechazar prácticas en empresas

Los ciclos superiores de Obra Civil o Edificación no completan ni la mitad de las plazas disponibles   PARA VER A NOTICIA COMPLETA FAI CLIC AQUí

 

 

VISITA VIVEIRO DE EMPRESAS (EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL)

Profesores: Montserrat Aira López

Curso: 2º curso de edificación e obra civil

Departamento: Orientación e edificación e obra civil.

Descrición: Visita guiada ao viveiro de empresas da cámara de comercio de Santiago de Compostela. Atendidos por Rosa Mary Cardeso Trillo (Xefa do departameno de creación de empresa) y Fernando Barros Fornos (Secretario xeral da cámara de comercio de Santiago de Compostela).

Data: 9 de marzo de 2018

Atendidos por: Rosa Mary Cardeso Trillo (Xefa do Departamento de creación de empresas) e Fernando Barros Fornos (Secretario Xeral da Cámara de comercio de Santiago).

Álbum: Curso 17/18 -> Visita guiada ao Viveiro de empresas edificación e obra civil

XORNADA INFORMATIVA SOBRE EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL FP 1º E 2º SERVIZO ADMINISTRATIVOS

Organiza: AEIGA (Asociación de empresas de inserción de Galicia)

Cursos: 1º e 2º de Servizos Administrativos

Departamento: Orientación

Programa:

Bloque I: A Empresa de Inserción Laboral

Bloque II: O Traballador en Inserción

Bloque III: Promoción das Empresas de Inserción

Bloque IV: Presentación das Empresas de Inserción da zona de referencia Compostela Inserta EIL e restantes empresas de inserción que forman parte de AEIGA

Data: 16 de marzo de 2018

Álbum: Curso 17/18 -> Xornada informativa sobre empresas de inserción laboral FP

Exposición mulleres no laboratorio: primeiras científicas da USC

Data/horas: 16 de Marzo de 12:50 a 13:40.

Cursos afectados: 1º de Bacharelato  A, B, e C.

                          1º e 2º de Formación Profesional Básica. 

Profesorado: Jorge Abelleira Freiría, Leonardo Fernández Campos, Manuel Moure Beiroa, Remedios Negreira Noya

Organiza: Oficina de igualdade de xénero. 

Lugar: salón de actos. 

Data: 16 de marzo de 2018

Álbum: Curso 17/18 -> Exposición mulleres no laboratorio: primeiras científicas da USC

Asistencia as Xornadas de Bioconstrución na UDC

Profesores: Ana María Dominguez Laiño, Nemesio Piñeiro Soliño

Curso: 1º Proxecto de Edificación

Departamentos: De Edificación e Obra Civil

Descripción: 

A visita consitiu de dúas conferencias: ás 12:00 "Outra forna de vivenda: maneiras de habitar respetuosas co entorno e as persoas", por Iria Brandariz (arquitecta en Hábitat Social) e Rosalinda Álvarez Cunqueiro (arquitecta). Ás 13:00 "Rehabilitación da vivenda fronte ao cambio climático", por Santiago Pintos, arquitecto e profesor do Dpt. de Construcións e Estruturas Arquitectónicas da ETSAC-UDC. 

Data: 6 de marzo de 2018

 

Álbum: Curso 17/18 -> Asistencia as Xornadas de Biocronstrución na UDC

VISITA VIVEIRO DE EMPRESAS (ADMINISTRACIÓN E FINANZAS E ASISTENCIA Á DIRECCIÓN)

Profesores: Pablo Riveras/Angeles Seijas/Raquel Parapar López

Cursos: 2º curso asistencia á dirección e 2º curso de administración e finanzas

Departamentos: Orientación e Administración

Descripción: Explicación do funcionamento do viveiro de empresas por:

Rosa Mary Cardeso Trillo (Xefa do Departamento de creación de empresas)

Fernando Barros Fornos (Secretario Xeral da Cámara de comercio de Santiago).

Data: 13 de marzo de 2018

Álbum: Curso 17/18 -> Visita guiada ao viveiro de empresas de Asistencia á Dirección e Administración e Finanzas

XXIII PREMIO SAN CLEMENTE ROSALÍA-ABANCA

Profesores: Zaida López Muñoz, Leonardo Fernández Campos, María Pardo Fernández

Cursos: 1º Bacharelato A,B,C

Alumnado:

1º A: Mario Sánchez Maseda, Laila Bassami Fathallah, Sergio Antelo Neira, Daniel Iglesias Iglesias
1º B: Rubén Ferreiro Rial, María García Calvo, Sara Pérez de Jesús
1º C: Iria Carrillo Pereiro, Iria Noya Blanco, Sara Regueira Moreira, Paula Seoane Fernández

Departamentos: Lengua castellana y literatura, Lengua galega e literatura

Descripción: Entrega dos citados premios no auditorio ABANCA de Santiago de Compostela

Datas: 1 e 2 de marzo de 2018 

Álbum: Curso 17/18 -> XXIII PREMIO SAN CLEMENTE ROSALÍA- ABANCA

Viaxe a Estación Invernal de San Isidro

Profesores: Anxo Agra e Enrique Iglesias

Cursos: 1º de Bach A,B e C, 2º Bach C e 1º do C.S. de Proxectos de Obra Civil

Departamento: Educación Física

Descripción: Viaxe á Neve, San Isidro, Puebla de Lillo, León

Datas: Do 21 ao 23 de febreiro de 2018

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión á Estación Invernal de San Isidro

Presentación do libro INSTANTES HALLADOS de María José Viz Blanco

Álbum: Curso 17/18 -> Margarita Viz

Premières Journées Gastronomiques Françaises.

Professeur : Mª del Pilar Ríos Quintás         Département : Français

Élèves de 2ème année d’Assistance à Direction.

Organisées par le Département de Français en collaboration avec le élèves de 2ème année d’Assistance à Direction.

Le travail des élèves a consisté, non seulment à cuisiner les plats, mais aussi et similtanément à expliquer, en français, le processus d’élaboration de leurs recettes. Finalment, ces spécialités française ont été dégustées par les élèves, les professeurs et le personnel non enseignant du Lycée.

Une Journée Gastronomique qui a été très appréciée par tout le monde.

Merci beaucoup professeur ! Vídeo-1 Vídeo-2 Vídeo-3 Vídeo-4 Vídeo-5 Vídeo-6

Álbum: Curso 17/18 -> Journées Gastronomiques Françaises

Modelado 3D de obxectos reais

CONFERENCIANTE: JUAN ORTIZ SANZ, PROFESOR DA USC NO CAMPUS DE LUGO

PROFESORADO ASISTENTE: RAQUEL PARAPAR LÓPEZ, ANA VARELA E JAIME LÓPEZ OTERO

DEPARTAMENTO: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN

CURSO: 2º ASISTENCIA Á DIRECCIÓN

Obradoiro sobre a elaboración de modelos 3D de obxectos reais e escaneo 3D dun obxecto co móvil e a aplicación Scann3D.

 

 

Álbum: Curso 17/18 -> Modelado 3D de obxetos reais

Visita guiada ao hotel NH Collection

Profesorado: Raquel Parapar López, Jaime López Otero

Departamento: Administración e finanzas

Curso: 2º Asistencia á dirección

Data: Venres 5 de febreiro de 2018

Dona Pilar Parada responsable do Departamento Comercial do hotel NH Collection acompañou ao alumnado do ciclo de asistecia a dirección polas distintas dependencias do citado hotel: habitacions, salóns e salas de conferencias.Explicando as formas de contratación e organización dos distintos servicios. Respondendo moi amablemente a todalas preguntas do profesorado e alumnado.

 

 

Álbum: Curso 17/18 -> Visita ao hotel NH Collection

VISITA A METEOGALICIA

PROFESOR/A:  Jorge Abelleira Freiría e Rubén Losada Fernández

DEPARTAMENTO:  XEOGRAFÍA E HISTORIA

CURSO: 2º A  e 2ºB con Xeografía específica e troncal

Sesión formativa sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos.

Primeiro se fixo unha presentación sobre meteoroloxía e climatoloxía e cambio climático e, logo, una mostra de aparellos meteorolóxicos, as características da rede meteorolóxica e o seu mantemento.

Álbum: Curso 17/18 -> VISITA A METEOGALICIA

TEATRO EN FRANCÉS: Adaptación da obra clásica da literatura francesa "Les Misérables" de Victor Hugo

IES AS FONTIÑAS - DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

PROFESORA: Mª DEL PILAR RÍOS QUINTAS

CURSOS: C.S. DE ASISTENCIA Á DIRECCIÓN E BACHARELATO.

ACTIVIDADE: Teatro en francés protagonizado por actores nativos para alumnos de secundaria. Adaptación de obras clásicas da literatura francesa a un vocabulario e estruturas comprensibles para os estudantes.

OBRA: Les Misérables. Nous mettons en scène une adaptation du roman Les Misérables de Victor Hugo, interprétée... 

Sinopsis: La pièce est jouée intégralement en français mais écrite et mise en scène de manière à s'adapter au degré de compréhension des étudiants des différents niveaux. Nous accompagnons la proposition théâtrale d'outils pédagogiques permettant, en amont et en aval, de valoriser au maximum, l'expérience linguistique et artistique.

Álbum: Curso 17/18 -> Teatro en francés

Visita á Exposición Conmemorativa dos 25 anos do Consorcio de Santiago de Compostela

Fotos da visita realizada polo alumnado e profesorado de "Edificación e Obra Civil" á Casa do Cabildo e ao Colexio Fonseca, para ver a exposición conmemorativa dos 25 anos do Consorcio de Santiago de Compostela.
Fixo de guía a arquitecta do Consorcio Idoia Camiruaga.
Mostra o traballo de dito organismo ao longo destes anos.

Álbum: Curso 17/18 -> Visita á exposición 25 anos do Consorcio de Santiago de Compostela

Powered by Drupal - Design by artinet