Excursión Mallorca: Fundació Pilar e Joan Miró e Xardín Botánico de Marivent

Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.

Cursos: Primeiro de bacharelato

A mañá do último día, si, a do día despois da noite máis curta, fomos ao museo mallorquí do famoso artista plástico, visitamos a exposición permanente e a temporal e mesmo gozamos das explicacións do seu taller, con bosquexos nas paredes intactos dende o seu pasamento e a memoria da súa prolífica e constante dedicación á arte naquela fermosa paraxe. Logo baixamos a pé até a residencia de verán da monarquía española, en que visitamos o Xardín Botánico aberto ao público, que contén tamén esculturas de Miró.

 

Álbum: Curso 17/18 -> Excursión Mallorca: Fundació Pilar e Joan Miró e Xardín Botánico de Marivent

Powered by Drupal - Design by artinet