Reclamacións FP

Antes de facer a reclamación os alumnos/as, no caso de seren maiores de idade, ou os seus pais e as súas nais, así como os seus titores e as súas titoras legais concertarán unha cita co profesor/a do módulo para que se lle expliquen os motivos/razóns das cualificacións.

No caso de seguir en desacordo, os alumnos e as alumnas, no caso de seren maiores de idade, ou os seus pais e as súas nais, así como os seus titores e as súas titoras legais, no caso de non selo, poderán reclamar ante a dirección do centro as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.

A reclamación presentarase por escrito ante a dirección do centro, no prazo máximo de dous días lectivos contados desde o día seguinte a aquel en se produza a comunicación da cualificación final ou da decisión adoptada. O profesorado estará a disposición durante eses días para resolver/informar sobre estas reclamacións.

+info

AdxuntoTamaño
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS.pdf33.6 KB

Powered by Drupal - Design by artinet