Reclamacións bacharelato

Antes de facer a reclamación os alumnos/as, no caso de seren maiores de idade, ou os seus pais e as súas nais, así como os seus titores e as súas titoras legais concertarán unha cita co profesor/a para que se lle expliquen os motivos/razóns das cualificacións. No caso de seguir en desacordo poderase reclamar ante a dirección do centro as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.

Os alumnos e as alumnas, no caso de seren maiores de idade, ou os seus pais e as súas nais, así como os seus titores e as súas titoras legais, no caso de non selo, poderán reclamar ante a dirección do centro as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.

O prazo para presentar unha reclamación por escrito contra as cualificacións finais é de dous días lectivos.

En segundo de bacharelato haberá un calendario específico cos prazos do procedemento de reclamación que estarán a disposición do alumnado a través das titorías e/ou departamento de orientación. O profesorado estará a disposición durante eses días para resolver/informar sobre estas reclamacións.

No curso 23-24 o prazo para as reclamacións contra as cualificacións é a seguinte:

Convocatoria ordinaria: 20 e 21 de maio de 2024
Convocatoria extraordinaria: 17 e 18 de xuño de 2024

+ Información

Modelo Reclamación CENTRO

Modelo Reclamación XEFATURA TERRITORIAL

 

Powered by Drupal - Design by artinet