GRUPO DE LECTURA BABEL: COLOQUIO SOBRE O LIBRO DE ARANTZA PORTABALES, BELEZA VERMELLA.

O pasado 10 de xaneiro, tivo lugar ás 13 horas un coloquio debate na Biblioteca do IES as Fontiñas, sobre o libro de Arantza Portabales, Beleza Vermella.

O Grupo BABEL, despois da lectura da obra, compartiron impresións e fixeron unha  análise de diferentes aspectos presentes na obra da santiaguesa.

Salientaron a boa construción da intriga que guía ao lector a un desenlace sorprendente.

Tamén aborda moitos temas de actualidade: a imaxe das mulleres do relato, as enfermidades mentais e as dificultosas relacións humanas.

Para a próxima cita do Grupo de Lectura BABEL, teremos o honor de contar con outra escritora santiaguesa que traballa no noso centro: Patricia Alonso Janeiro, que acaba de publicar a novela, Rueiro da Cidade Escura.

Álbum: Curso 19/20 -> Libro Beleza Vermella

Powered by Drupal - Design by artinet