ESTANCIA DA PROFESORA MARÍA PARDO FERNÁNDEZ NA E.S. ALEXANDRE HERCULANO EN PORTO (PORTUGAL)

Dona María Pardo Fernández, profesora do departamento de Lingua Galega e Literatura, vén de realizar unha estancia de catro semanas na Escola Secundaria Alexandre Herculano do Porto  (http://www.aealexandreherculano.pt/).

A profesora do noso centro xa realizara con anterioridade outros programas de formación semellantes, con estancias en Lisboa.

Esta estadía forma parte dunha das actividades formativas para o profesorado que anualmente convoca a  Consellería de Educación: o Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALEhttps://www.edu.xunta.gal/portal/linguasestranxeiras/133/244), na súa modalidade 1 [Integración- catro semanas], cuxo obxectivo é fomentar a actualización metodolóxica e a mellora do nivel de competencia lingüística do profesorado participante.

O IES As Fontiñas oferta portugués como 2ª lingua estranxeira dende o ano académico 2017-2018 e ten na actualidade grupos de alumnado nos dous cursos de bacharelato [Segunda Lingua estranxeira I e II: Portugués.].

Álbum: Curso 19/20 -> Piale

Powered by Drupal - Design by artinet