DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Curso 20-21

PARABÉNS ÁS NOSAS CAMPIOAS DE ESPAÑA DE BATEIS!

Enviado por Anónimo o Mar, 04/05/2021 - 10:21

Desde o IES As Barxas queremos felicitar ás nosas campioas de España de bateis na categoría infantil, Nuria Fervenza, Noa Figueirido, Noa Faria, África Freire e Tania Otero, ademais de a Mara Currás, estudante no IES Paralaia. Sodes grandes, rapazas!

Soa o timbre pero o instituto non para, chova ou faga sol! O 21 de abril, obradoiro de canto con Diana Tarín e obradoiro audiovisual con Luz Beloso. Un luxo de profes e alumnado.

 

IOGA NAS BARXAS

Enviado por Anónimo o Mar, 04/05/2021 - 09:57

O Faro de Vigo faise eco da nosa actividade de Ioga e readaptación postural para toda a ESO, realizada durante as horas de titoría e que nos vén xenial para quitarnos de enriba a ansiedade pandémica.

Ligazón a nova no Faro de Vigo

 

 

E durante este mes o noso alumnado tamén participou nun Obradoiro de baile tradicional, impartido por Manolo Cobas, durante as clases de Educación Física. O Faro faise eco da noticia.

https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2021/05/01/educacion-fisica-ritmo-muineira-49927821.html



A CANCIÓN DE AINHOA MOSQUERA NOS 40 PRINCIPALES

Enviado por Anónimo o Mar, 04/05/2021 - 09:51

A canción "Miss each other before we need", de Ainhoa Mosquera, que traballamos no Obradoiro de produción musical con Iago Lorenzo dentro do Contrato Programa de Mellora de coñecementos para acadar a excelencia, vai ser estreada o sábado 8 de maio no programa El Maketón - Maeloc, da emisora 40 Principales Vigo, entre as 17 e as 18h! Estade atentxs! Moitos parabéns!!!!

Distribuir contido