DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Curso 20-21

O pasado sábado 22 celebrouse o I Festival de Curtas Morraso Sine de Aula (Ai Mo.S.A!) no que participou o noso alumnado con varias creacións audiovisuais, que contou coa axuda inestimable de profes coma Luz Beloso, organizadora do evento, Seso Durán ou Anna R. Figueiredo. Grazas á Concellería de Mocidade e ao Concello de Moaña por facelo posible.

 

https://www.youtube.com/watch?v=P_3ZC3V6CjA

VÍDEO SOBRE A DESIGUALDADE DE XÉNERO NAS TIC

Enviado por Anónimo o Mar, 25/05/2021 - 10:10

Botádelle un ollo a este vídeo que realizou o alumnado de TIC coa profesora Isabel Rodríguez: que supón a desigualdade sexual no estudo das TIC?

https://www.youtube.com/watch?v=pDLHeCohF5s&list=PLYWiq5hPY-pmrcHGTlAgkRbyoc3Rom2cc

ACTO DE DESPEDIDA DE 2º DE BACHARELATO

Enviado por Anónimo o Mar, 25/05/2021 - 10:08

O venres 21 despedimos ao noso alumnado de 2° de Bacharelato nun acto organizado pola rapazada, e que resultou moi divertido e emocionante. Mil grazas ao Concello de Moaña por emprestarnos o palco e á Floristería Margarita pola alfombra, e a todas as familias por vir apoiar aos rapaces/as. Moita sorte nesta nova etapa!

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO DO BACHARELATO STEM

Enviado por Anónimo o Mér, 19/05/2021 - 10:51

Sentimos moito orgullo do noso alumnado de Bacharelato STEM, que expuxo os seus proxectos sobre os Ecosistemas da Ría de Vigo: produción e ameazas e acadou a máxima nota por parte do tribunal avaliador! Parabéns!

VIDEOCLIP DE AINHOA MOSQUERA

Enviado por Anónimo o Xov, 13/05/2021 - 10:49

Aquí está o videoclip da canción "Miss each other before we need", de Ainhoa Mosquera, que traballamos no Obradoiro de produción musical con Iago Lorenzo dentro do Contrato Programa de Mellora de coñecementos para acadar a excelencia, e que se estreou o sábado 8 de maio no programa El Maketón - Maeloc, da emisora 40 Principales Vigo.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=n5jSqGrm1eE

 
Distribuir contido