DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Nos Medios

O 2 de xuño sae no Faro de Vigo a noticia sobre o proxecto de investigación centrado nos Ecosistemas da Ría de Vigo do noso Bacharelato de excelencia STEM.

Moitas grazas a Luis Chapela por nos vir visitar e falarlles un pouco ao alumnado de 4º ESO sobre a represión franquista en Moaña durante a Guerra e a ditadura. Unha actividade encadrada no Moaña Aprende do Concello.

O bosue animado sae no Faro de Vigo

Enviado por Anónimo o Mér, 23/06/2021 - 11:59

O 31 de maio, no Faro, aparece a noticia sobre o traballo de fototrampeo do proxecto do Club de Ciencias "O bosque animado"

O pasado sábado 22 celebrouse o I Festival de Curtas Morraso Sine de Aula (Ai Mo.S.A!) no que participou o noso alumnado con varias creacións audiovisuais, que contou coa axuda inestimable de profes coma Luz Beloso, organizadora do evento, Seso Durán ou Anna R. Figueiredo. Grazas á Concellería de Mocidade e ao Concello de Moaña por facelo posible.

 

https://www.youtube.com/watch?v=P_3ZC3V6CjA

VIDEOCLIP DE AINHOA MOSQUERA

Enviado por Anónimo o Xov, 13/05/2021 - 10:49

Aquí está o videoclip da canción "Miss each other before we need", de Ainhoa Mosquera, que traballamos no Obradoiro de produción musical con Iago Lorenzo dentro do Contrato Programa de Mellora de coñecementos para acadar a excelencia, e que se estreou o sábado 8 de maio no programa El Maketón - Maeloc, da emisora 40 Principales Vigo.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=n5jSqGrm1eE

 
Distribuir contido