DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Nos Medios

Onte, 10 de xuño, o Conselleiro de Educación visitou o noso Centro, con motivo da presentación do libro ilustrado "Barxilón no mar do latón". O libro forma parte do Proxecto "Creación dunha Editorial", que foi galardonado co I premio Proxecta Innovación.

O acto de presentación, ao que acudiron diversos medios de comunicación  foi todo un éxito. Os rapaces de 1º Bacharelato presentaron o Proxecto explicando os pasos seguidos ata acadar o resultado final. Ademáis dunha representación teatral a cargo do IES Sanchez Cantón, e unha canción ao Barxilón puidemos disfrutar dunha mesa de escritores que non tiveron ningunha dúbida en eloxiar o traballo de todos os integrantes no Proxecto. O acto rematou cuns pinchos no hall.

Parabéns aos alumnos e profesors do IES As Barxas, IES Sánchez Cantón, CEIP Espiñeira, IES Xulián Magariños, e Colexio A Rúa , que levaron acabo este Proxecto. (máis información).

A páxina web da Xunta, faise eco da nova

(Ir á páxina)

O Faro de Vigo, tamén se fai eco da nova:

 

(ver o xornal)

 

 

 

 

Os alumnos de plástica do noso Centro e a súa profesora Luz, protagonistas no blog "Escuelas en Red". Ver artigo.

 

 

 

Distribuir contido