Visita á Central Hidroeléctrica de Belesar

Como cada curso, o departamento de electricidade xunto cos nosos alumnos fixemos unha saída didáctica e o 5 de maio fomos ver a central hidroeléctrica de Belesar ó pé de Chantada (Lugo). Esta vez a visita foi moi completa nos ensinaron todo, nos responderon a cantas preguntas lle fixemos e nos deixaron fotografar canta cousa vimos.

Resumindo, a visita a central foi instrutiva e tamén impresionante: estivemos por riba da presa e tamén por diante.