Actividades

A miña historia co galego II - Sechu Sende

Data: mércores, 19 de xaneiro

Hora: 16:00

Lugar: Sala de actos da EOI de Lugo

 

Palestra narrada

Mércores día 19 de xaniero, temos na EOI unha nova actividade do ciclo "A miña historia co galego", que iniciamos o ano pasado. E se daquela tíñamos a Lois Pérez coa súa palestra "Eu nunca serei yo - las más de las veces", este ano teremos precisamente ao autor orixinal da frase ("eu nunca serei yo"), xa popularizada en camisetas e cancións: Séchu Sende.

Para nós é un privilexio contar con Séchu. Se alguém pode contar unha historia persoal sobre o galego, sabemos que é el. De feito, xa escribiu tantas historias sobre o galego en primeira persoa, en libros como o Made in Galiza (Galaxia, 2007) ou A República das Palavras (Através, 2015), e de forma tan próxima e empática, que para nós é difícil distinguir a súa historia das súas historias.

Profesor, dinamizador cultural, escritor, regueifeiro, poeta, narrador. Poucas persoas tan completas como él para nos acompañar. Porque, como dixemos xa o anoa pasado, máis alén dos necesarios datos estadísticos e discursos motivadores, existen persoas reais que se emocionan, rin ou incluso choran por causa da lingua. Sexa benvido!

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Lugo

Persoas e deseños gañadores do concurso de postais de nadal "bo naGAL" 2021

A persoa gañadora do Concurso de postais de nadal "bo naGAL 2021", organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, foi Federico Rodríguez Roca (alumno de C1 de galego), co seguinte deseño:

 

O segundo posto correspondeu a Mercedes Fernández Rey, alumna de B2 de italiano, co seguinte deseño:

Plantas por un tubo

16/11/2021 18:00
⚠️Importante: Recordade que polo protocolo da Covid-19 hai límite de aforo, polo que é imprescindible inscribirse para asistir ao relatorio. Podedes facelo na propia biblioteca ou escribindo un correo ao enderezo: eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal⚠️

Storie Napoletane

01/12/2021 18:00

As prazas para esta actividade son limitadas.

Para información e inscrición na actividade, escribir ao correo eoi.lugo.italiano@edu.xunta.gal antes do 26 de novembro.

Storie Napoletane

01/12/2021 10:30

As prazas para esta actividade son limitadas.

Para información e inscrición na actividade, escribir ao correo eoi.lugo.italiano@edu.xunta.gal antes do 26 de novembro.

Kaffeeklatsch

11/05/2021 16:00

Ligazón para conectarse á actividade: http://ir.gl/1a7873

Presentación do proxecto literario-musical Oceanoe

21/04/2021 20:00

Queremos anunciar-vos que no dia 21 de abril às 20h teremos uma atividade online em que apresentaremos o projeto Oceanoe que consiste na publicação de um cd-livro em que participam artistas galegos, portugueses e brasileiros de renome como Jõao Afonso, Celina da Piedade, Sérgio Tannus, Ugia Pedreira, Alba Maria, Carolina Vázquez (colega vossa de aulas), ....

Falarão na apresentação: Jõao Afonso, Celina da Piedade, Sérgio Tannus, Carolina Vázquez (colega vossa de aulas), Noemi Vázquez Nogueiras, Irene Veiga, Ana Santos e Lucia Cortiñas. Haverá também música ao vivo e muitas mais surpresas como a estreia do videoclip da música nº 1 do Cd-livro intitulado Oceanoe.

Encorajamos-vos a participar na atividade online que se realizará através da plataforma webex com os seguintes dados de acesso:

Link da reunião:https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m351c42fb52bd42dbd5f99322b8a0944b

Número da reunião:121 113 8514

Senha:gyJDGUgn732

Distribuir contido