Despois de matricularme

Unha vez matriculado/a podo cambiar de grupo?

Unha vez rematado o proceso de matrícula hai un prazo para cambios de grupo. A solicitude de cambio farase en liña e informarase do prazo na páxina web da escola e nos taboleiros dos centros.

 

Que pasa se non me incorporo ás clases?

O alumnado que non se incorpore ao curso nos primeiros 15 días lectivos sen xustificación documentada perderá a condición de alumno/a oficial e a escola poderá dispoñer da súa praza.

 

Se escollo a modalidade de pagamento fraccionado e non ingreso o segundo prazo, que ocorre?

O centro darao de baixa de oficio e perderá o dereito a asistir á clase e o dereito a exame.

 

Cantas convocatorias teño?

Cada persoa ten dereito ao dobre de matrículas que cursos ten o nivel e cada matrícula da dereito a unha convocatoria ordinaria (ceralmente a finais de maio - principios de xuño) e unha extraordinaria (finais de xuño). DOG, 9 outubro 2007, RD 191/2007: “A permanencia en cada nivel das ensinanzas de idiomas na modalidade presencial será, como máximo, do dobre da duración establecida na normativa vixente para cada nivel dos diferentes idiomas”.

 

Até que data podo darme de baixa?

Até o 30 de abril en grupos anuais e para o curso académico até o 20 de decembro nos cursos cuadrimestrais.

 

Devólvenme os cartos si me dou de baixa?

Só se ten dereito a devolución de taxas cando a EOI non preste o servizo que vostede pagou (cambios de horarios por parte da EOI ou anulación dun curso por falta de alumnado, etc.).

 

Se teño dereito a matrícula gratuita e me dou de baixa, perdo este dereito para o próximo curso?

Non.

 

Despois de matricularme noutra comunidade, se solicito trasladar a miña matrícula a esta escola, debo aboar de novo as taxas?