Hoxe tivemos unha gran festa para despedir o curso 2022-2023.
A xornada comezou con cinco estacións de xogo polas que as nenas e nenos ían rotando. Non puideron ser máis divertidos!!!
Posteriormente, paramos para recargar forzas cunha gran merendola para así poder ter moita enerxía para o baile que nos esperaba na actuación da familia do noso compañeiro Antón (grazas unha vez máis).
Finalmente, tivemos o recreo e logo subimos ás aulas a despedirnos!!!
Que teñades bo verán e boas vacacións nenos e nenas!!!

