EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Día da Saúde

O día 7 de abril conmemorouse o Día da Saúde e, con ese motivo, na nosa escola programamos unha sesión de ioga e relaxación, baseándonos no conto "Respira".

Queremos concienciar ao noso alumando de que, para ter unha vida saudable, tan importante é coidar a nosa alimentación como a nosa actividade física e mental.

 

 

 

 

#Chamémolo polo seu nome

Hoxe, 2 de abril, commemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Por parte da nosa escola, participamos neste día decorando o noso infinito, para axudar a súa concienciación e visibilización, este ano co lema "Chamémolo polo seu nome".

O infinito representa diversidade e especifidade, porque cada persoa autista é  única e ten as súas propias necesidades, capacidades e intereses.

 

Festa fin de trimestre

E.. chegou o fin do segundo trimestre. Pero non podíamos rematalo doutra forma que non sexa de festa.

Preparamos "a búsqueda dos ovos", na que o alumnado debería ir pasando unhas probas e acertando pistas, que axudaron a atopar os ovos agochados

Que divertido e que ben o pasamos todos e todas.

Boas vacacións!!

O noso horto

Coa chegada da primavera... chegou a plantación no noso horto!!

Aquí vos deixamos unhas imaxes, ás nenas e nenos encantoulles plantar estas verduras, concienciándose con todo o proceso que conleva, desde este primeiro momento ata que podamos comelas. 

Agora, a coidalas moito e...esperar a que medren!!

C.D Lugo

Hoxe tivemos na nosa escola a visita de dous xogadores do C.D Lugo.

Comentáronos en que consiste o seu traballo, os que se animaron xogaron un pouquiño con eles e agasalláronnos cunhas entradas para ver o partido que disputarán o vindeiro domingo.

 

 

 

 

Grazas pola visita!

DÍA DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, conmemórase o Día da Muller. Na nosa escola, hoxe e sempre, queremos transmitir unha igualdade real entre nenos e nenas, homes e mulleres.

Isto é o que pretendemos no noso día a día nas aulas, pero tamén nas actividades máis específicas de Igualdade.

O lema de este ano é: "Mulleres soñadoras, libres, agarimosas, sensibles e loitadoras".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita á Residencia de Maiores de Vilalba

As nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Infantil fixeron unha visita aos usuarios da Residencia de Maiores de Vilalba, onde representaron diferentes cancións e bailes.

Queremos agradecer ao persoal da Residencia e aos seus usuarios e usuarias polo trato recibido. Foi unha experiencia moi significativa para o noso alumnado.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo!

ENTROIDO 2023

Como ben sabedes, o noso PDI de este curso é "Os nosos maiores" así que, este entroido non podíamos disfrazarnos de outra cousa que non fora de "velliños" e "velliñas".

O venres de Entroido participamos xunto cos demais colexios da vila, nun desfile e posterior baile e merenda organizado polo Concello de Vilalba.

Pasámolo xenial!!

Bo Entroido a todos e a todas.

ENTROIDO 2023

Atentos e atentas estivemos ás ordes do Meco... 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23-24


 

NORMATIVA 

O proceso de admisión está regulado na seguinte normativa:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado e a Orde do 21 de outubro de 2022.

 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO

  • 4º Infantil (3 anos): 50 prazas (6 para alumnado con NEAE).

  • 5º Infantil (4 anos): 10 prazas.

  • 6º Infantil (5 anos): 20 prazas.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Do 1 ao 20 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Solicitude de admisión (modelo 550B) en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno/a.

  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria.

  • Certificado médico. 
  • Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.

  • Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.

  • Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.

  • 2 fotografías tamaño carné.

  • Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.

  • Cuestionario sobre a lingua materna.

  • Opción sobre o ensino de relixión.

  • Autorización uso da imaxe.

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN 

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.

  • Publicación das listaxes definitivas : 15 de maio.

  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

IMPORTANTE

  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. 

  • O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.

  • No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.

 

 

 

Distribuir contido