EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

LECTURA EN FAMILIA

Os alumn@os de 4º e 5º de E.Infantil reciben ás súas familias para escoitar un conto, unha lenda,unha historia de tradición oral...Moitas grazas ás familias por participar nesta iniciativa.

DÍA DA PAZ

Onte,30 de xaneiro conmemoramos o día da paz e da non violencia na escola. Para esta actividade, que fixemos conxuntamente co Ceip. Antonio Insua Bermúdez e o Ceip. Manuel Mato Vizoso;os nenos trouxeron un anaco de tea branca sobre a que pegaron unha pomba.Posteriormente, anudamos estos anacos  e saímos ao patio a colgalos ao redor do noso centro. 

ANIMÁDEVOS

MENÚ FEBREIRO 2024

EXPOSICIÓN PICASSO

Como proxecto do primeiro trimestre, os nen@s de 5º e 6º de Infantil traballaron a vida e obra de Pablo Picasso, realizando tamén eles varias obras de arte que foron expostas no Auditorio Municipal. Quedou precioso!

 

VISITA DOS REIS

E chegaron os reis! O pasado xoves, os nenos e as nenas do cole recibiron a visita dos tres magos de Oriente. Logo de poder facer unha foto con eles e recibir un agasallo, desfrutaron dun tentempé de churros con chocolate.Foi un gran día!

FACEMOS TURRÓN

Chegou o Nadal e con el,os villancicos, os agasallos e o turrón! Os nenos e a nenas da escola puxéronse na pel de cociñeiros e fixeron un delicioso turrón que logo poideron degustar. Estaba riquísimo!

PINTAMOS A ESCOLA

Coa axuda dos estudantes do IES Santiago Basanta Silva, os nosos alumnos e alumnas colorearon unha das paredes do patio da escola. Grazas por facernos pasar unhas xornadas tan artísticas e divertidas!

DÍA DA DISCAPACIDADE

Co motivo da conmemoración do día da Discapacidade, o venres 1 de decembro, os nenos e nenas da escola compartimos unha xornada de xogos preparados polos compañeiros e compañeiras do CEIP Antonio Insua Bermúdez.

A través destes xogos, puxémonos na pel das persoas con discapacidade funcional e as dificultades que superan día a día.

Moitas grazas aos mestres e mestras do CEIP Antonio Insua Bermúdez por ter organizada unha xornada tan reflexiva como divertida. 

 

 

TRABALLAMOS POLA IGUALDADE

Este mes de novembro, coa fin de traballar a igualdade e a non violencia, os alumnos e alumnas estiveron a facer distintas actividades.Unha delas, foi a lectura de cómics que rematou coa realización deste mural para a entrada principal.

Distribuir contido