EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Animación á lectura

DÍA DO LIBRO 2023

Conmemoramos o Día do Libro cunha proposta intercentros, organizada pola coordinadora dos programas Inclúe-t e Emocióna-t. O alumnado do CEIP de Xermade visitou a nosa escola, o pasado venres, para representar a obra "O ATASCO". Despois, desfrutamos dunha merenda ao aire libre e dunha mañá de xogos no patio.

Parabéns ao alumnado e profesorado do CEIP de Xermade e...grazas pola visita!

 

 

 

 

O RATIÑO PRESUMIDO

A compañía TRINKE, TRINKE viñeron do PAÍS LONXEDETODO, para dramatizarnos e facernos disfrutar moitísimo co conto de OLIVER BUTTON É UNHA NENA e o conto do RATIÑO PRESUMIDO.

 

 

 

 

 

 

 

PRÉSTAMO DE BIBLIOTECA

Neste mes de Novembro en todas as aulas comeza o préstamo de contos con temática relacionada coa coeducación e a igualdade. Esta actividade lévase a cabo en colaboración coa ANPA E A BIBLIOTECA MUNICIPAL. Agradecer especialmente a ANPA o agasallo da mochila que se empregará con este fin didáctico.

DISFRUTADE DA LECTURA!!!

APERTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL PARA PRÉSTAMOS

 

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILALBA comezará o servizo de préstamo o luns 8 de xuño

 

O préstamo de libros farase do seguinte xeito: 

- Chamando á biblioteca ao 982 512 232.

- Enviando WhatsApp ao 626 399 329 solicitando os libros que se desexen, ou ben facendo unha petición de libros axeitados á idade do lector ou lectora e a biblioteca fará a selección.

 

O catálogo de fondos dispoñibles pode consultarse na web da biblioteca. 

CARACOL E VERMIÑO

Deixamos o conto CARACOL E VERMIÑO e varios recursos para traballalo.

 

CONTO

 

ACTIVIDADE LIM- para PC ou tablet

(pica na imaxe)

 

POEMA DE MANUEL MARÍA, MUSICADO POR SUSO VAAMONDE

 

 MANUALIDADES

LETRAS GALEGAS 2020

Na semana das nosas letras o equipo de biblioteca quere achegarvos ao homenaxeado deste ano. 

 

 

LETRAS GALEGAS 2020

 

 

EN 1963, CANDO SE CUMPRÍAN  100  ANOS DA PUBLICACIÓN DO LIBRO DE ROSALÍA, A REAL ACADEMIA GALEGA DICIDIU MARCAR NO CALENDARIO UN DÍA PARA FESTEXAR AS NOSAS LETRAS GALEGAS, POR ISO CADA 17 DE MAIO CELEBRAMOS QUE TEMOS UNHA LINGUA E UNHA LITERATURA PROPIA, O GALEGO.

 

 

 RICARDO CARVAHLO CALERO

 

 

RICARDO CARVAHLO CALERO É O AUTOR AO QUE A REAL ACADEMIA GALEGA ADICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO. NACEU O 30 DE OUTUBRO DE 1910 NA CIDADE DE FERROL. O SEU PAI ERA UN PEQUENO EMPRESARIO LOCAL E A SÚA NAI ATENDÍA A CASA E ENCARGÁBASE DO COIDADO DOS SEIS FILLOS.

 

ENCANTÁBANLLE OS CONTOS E CALQUERA MOMENTO ERA BO PARA ESCOITALOS.

 

 

 

DENDE MOI PEQUENO, RICARDO E OS SEUS IRMÁNS LÍAN LIBROS EN GALEGO E DESTE XEITO APRENDÍAN MOITAS COUSAS E XOGABAN A SER OS PERSONAXES DESES CONTOS.

 

 

E ASÍ FOI MEDRANDO NO SEU BARRIO E COMO ERA MOI BO ESTUDANTE CHEGOU Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO ONDE FIXO DÚAS CARREIRAS: DEREITO E FILOSOFÍA E LETRAS.  AO LOGO DE TODA A SÚA VIDA SEMPRE ESCRIBIU POESÍA, TEATRO E SEMPRE ESTIVO COLABORANDO PARA A DEFENSA DA LINGUA E A CULTURA GALEGA. EN 1927 INGRESA NO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS PARA INVESTIGAR E DIFUNDIR O PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA.

  

 

FOI PROFESOR NO COLEXIO FINGOI DE LUGO.

 

MAIS TARDE MARCHOU A VIVIR A SANTIAGO, ALÍ ESTIVO DE PROFESOR NO INSTITUTO QUE LEVABA O NOME DA SÚA ESCRITORA FAVORITA, ROSALÍA DE CASTRO, E TAMÉN DABA CLASES NA UNIVERSIDADE.

 

ESCRIBIU MOITÍSIMOS LIBROS E CHEGOU A SER O PRIMEIRO CATEDRÁTICO UNIVERSITARIO DE LINGÜÍSTICA E LITERATURA GALEGA DA HISTORIA.

 

 

XUBILADO COMO PROFESOR, OS ÚLTIMOS ANOS DA SÚA VIDA DEDICOUNOS A DAR CONFERENCIAS, PUBLICAR ARTIGOS E SEGUIR CO SEU TRABALLO LITERARIO.

O 25 DE MARZO DE 1990 FALECEU EN SANTIAGO.

 

 

 

ANACOS DE OBRAS DE CARVAHLO CALERO

 

 

As pitas baixo a chuvia

 

Moito quería eu os animais. No curro pasaba unha gran parte do meu tempo ollando para as galiñas. Víaas escaravellar na terra en procura de vermes e miñocas. Botáballes o millo. Recollía os ovos que anunciaban co seu alporizado cacarexar. Cada ave tiña un nome posto por min, e eran tan estreitas as relacións entre min e eles que nos comunicabamos co pensamento. Tanto amor sentía o neno Ricardo por aquelas aves que un día que comezou a chover saíu veloz a socorrelas: Como ía deixar que a auga podrecese os ósos dos pobres animais? Quizais os catarros, as pulmonías, o reuma non existían para as galiñas? O meu pai dicía que as súas plumas eran impermeables, mais isto non o podía crer eu.

 

 

Cantigas de berce

 

Durme, meniño, no teu berce ;durme, que os montes están cheos de neve. Durme, meniño, no teu barrelo; durme, que os montes están cheos de medo. Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera ti choutarás polas floridas veigas.

 

 

Os tumbos 

 

A casa tiña unha horta na que eu pasaba o día escoitando o merlo que asubiaba na cerdeira, espreitando os niños das formigas e das avespas, collendo saltóns e arrenréns ou enxergando os xeitos dos coellos e das galiñas. Dende había anos, alí pasabamos o verán. Pola azotea daba eu voltas no meu triciclo. E así esvaraba a miña vida de cazador de grilos e miñocas.

 

 

 CARVAHLO CALERO PARA OS MAIORES DA CASA

 

 

(PREME NA IMAXE PARA ACCEDER)

LIBROS PARA TODA A FAMILIA

Nesta tómbola de libros poderedes atopar contos e libros para toda a familia. Para os peques, os menos peques, mamás, papás... 

Clicade na imaxe e a gozar!!!!

 

 

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Hoxe, 23 de abril, conmemórase o "DÍA DO LIBRO"Para celebralo dun xeito especial, o Equipo de Orientación, preparou estes vídeo-contos.

 

 "UN BECHO ESTRAÑO"

 

 "A RATIÑA PRESUMIDA"

DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)

 

 

“ DIA DO LIBRO” (23 de abril)

 

 

 

 O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez por iniciativa da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

 

A celebración do Día do Libro é un acontecemento especial  ao que debemos dedicarlle un tempo para falar coas nenas e os nenos dos libros. Grazas aos libros recibimos unha herdanza cultural, histórica, científica, literaria... e a través das obras impresas podemos  viaxar a outros mundos e lugares, transportarnos  ao pasado e ao futuro e vivir outras vidas a través dos personaxes. Cultivar o amor polos libros é o mellor agasallo que podemos facerlles hoxe aos mais pequenos da casa.

 

O 23 abril coincide en España coa data da morte, en 1616, de Don Miguel de Cervantes autor de... 

“DON QUIXOTE DA MANCHA”

 

CURIOSIDADES DO QUIXOTE

 

O libro de “Don Quixote da Mancha” foi escrito desde o cárcere. Lembremos que Cervantes estivo a cumprir condena por erros cometidos no seu traballo como  recadador de impostos e aproveitou este “tempo morto” entre reixas para elaborar esta magnífica obra.

 

 

 

Podemos asegurar que é o libro máis vendido en español, así como un dos máis vendidos da historia. Estímase que se venderon máis de 500 millóns de copias.

 

 

A primeira tradución do Quixote a outro idioma foi en inglés, e foi elaborada por Thomas  Shelton no ano 1608. Actualmente, O Quixote, atópase traducido a máis de 50 idiomas.

 

         

 

Cervantes escribiu este libro pensando nunha lingua castelá algo máis modernizada que a que había por entón, iso foi moi importante para o idioma. Hai motísimas edicións de libros do Quixote para nenas e nenos por todo o mundo. En 1989, unha copia moi especial da primeira edición do Quixote vendeuse por 1.5 millóns de dólares. Só existen un par de exemplares máis, e ademais o libro conservábase en moi bo estado.

 

 

 

"Érase unha vez nun lugar da Mancha, cuxo nome non me quero acordar, un home chamado don Quixote, que estaba a fascinar cos cabaleiros andantes da España.

A Don Quixote gustáballe moitísimo ler os libros de aventuras. Para Don Quixote as fazañas dos cabaleiros andantes e os xigantes eran fantásticas. El cría que para a súa honra e o do seu país, debía ser un cabaleiro andante. Sen unha palabra, don Quixote da Mancha montou o seu cabalo de nome Rocinante, e saíu a vingar todos os actos malos e a protexer ás damas. O cabaleiro da triste figura persuadiu ao seu veciño Sancho Panza para ser o seu escudeiro. E unha noite, ambos saíron da aldea para PERCORRER AVENTURAS…"

 

 

 

PREPÁRATE PARA ESCOITAR ESTA FANTÁSTICA HISTORIA!!!

 

LER PRODUCE SOÑOS

 

 

"A CASA DA MOSCA CHOSCA"

 

"O GALO QUIRICO"

 

"CHIBOS CHIBÓNS"

 

"O POLO PEPE"

 

"A CEBRA CAMILA"

 

"CORRE CORRE, CABACIÑA"

 

"A HORTA DE BALBINA"

 

 "O MONSTRO DE CORES"

 

 "PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO" 

 

 "COCORICO" 

 

 "A QUE SABE A LÚA?" 

 

 "O COELLIÑO BRANCO" 

 

 "PACO PAPÁN" 

 

 "ELMER"

 

 "A VACA QUE PUXO UN OVO"

 

 "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA"

Distribuir contido