EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Novas

ACTUACIÓN DO MAGO RAFA

O vindeiro sábado 3 de outubro ás 20:00 horas terá lugar no auditorio Carmen Estevez unha actuación de maxia  a cargo do MAGO RAFA.


PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021

No plan de adaptación se recolle as medidas de prevención adoptadas polo centro a nivel individual e colectivo, as diferentes xestións como caso de abrocho, material de protección

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2019/2020

VOLTA AO COLE

Comezamos o día 11 de setembro

 

A CARRILANA DAS NOVAS

 

CURSO 2018-2019

Rematamos o período de adaptación para os nenos e nenas de 3 anos, xa estamos todos preparados para  este novo curso.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Infórmase ás familias que as reunións xerais terán lugar o vindeiro Luns día 10.

 

Os pais/nais do alumnado de 3 e 4 anos asistirán ás 18:00 horas.

E os pais/nais do alumnado de 5 anos acudirán ás 17:00 horas.

 

O 12 de setembro comezará o colexio en horario normal. Os alumn@s que esteñan en periódo de adaptación serán as titoras as que informen sobre a flexibilización horaria. 

 

 

 

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

O Concello de Vilalba, a través do Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego, ven de publicar no BOP con data 13/06/18, as bases reguladoras para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario, destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Vilalba e escolarizado para o curso 2018/2019 en Educación Infantil (3-6 anos) nos centros docentes públicos de Vilalba.
 
As bases reguladoras e as solicitudes (documento adxunto), estarán a disposición dos interesados na páxina web do concello (www.vilalba.org) e no Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego (prevencion@vilalba.es) . Achegamos as bases e os Anexos de solicitude.
 

 

Os prazos de presentación de solicitudes será do25 de xuño ao 6de xullo de 2018,ámbolos dous inclusive.

NOTA INFORMATIVA

COMUNÍCASE POR PARTE DA DIRECCIÓN DO CENTRO QUE TODOS OS NEN@S QUE SOLICITARON MATRÍCULA NO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO 2018/2019 ESTÁN ADMITIDOS.

 

 

 

NOTA INFORMATIVA

 ADMISIÓN ALUMNADO CURSO ESCOLAR 2018-2019

A Orde  de 12 de Marzo de 2013 (modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017) regula o proceso de admisión de alumnado nos Centros Públicos

 PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO:

·     3 anos:  50 (6 para alumnos con NEE)

·     4 anos: 

·     5 anos:  

 PERÍODO DE ENTREGA DE SOLICITUDES:    1 ao 20 de marzo.

HORARIO: 

·     Tódolos días de 9:30  a   11:30 h.

 

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

·   Solicitude, en impreso que se facilita no Centro, ou a través da aplicación “admisiónalumnado”

     (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

·   Informe médico.

·   2 fotografías tamaño carné.

·   Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno.

·   Fotocopia tarxeta sanitaria.

·   Fotocopia do DNI de  nai e pai ou titor/a legal.

·   Fotocopia do DNI do alumno/a (no caso de telo).

 

IMPORTANTE:

Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no Centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

O alumnado que xa está escolarizado no Centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

No caso en que haxa mais demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.( O prazo para presentar esta documentación será do 22 de marzo ao 4 de abril).

 

Distribuir contido