EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

TALLER DE MELINDRES

O venres 10 de marzo tivemos a visita de Fani e Isabel, da empresa Dispravia, S.L. coas que aprendimos a facer melindres.

Primeiro fixemos a masa, despois a cortamos en anacos, bañámolos nunha cobertura de azucre e logo os metimos no forno. Despois cada neno e cada nena fixo a súa etiqueta para pegar na bolsa na que levaban os melindres para a casa .

Moitísimas gracias ás dúas, Fani e Isabel, por adicarnos toda a mañá, os nenos e nenas pasárono en grande.

 

*Podedes ver máis fotos deste taller na pestana de Galería ou no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalba/galeria/thumbnails.php?album=70

 

Charla sobre os animaliños do mar

Despois de un gran traballo de recolección de distintos seres do mar na praia, este mércores Vanesa (bióloga mariña), a tía de Noa, aparaceu na escola cargada con recipientes de auga salgada con todo tipo de bechos: estrelas de mar, anémonas, cunchas, caracois de mar, lebre de mar, lapas...

Dividimos ao alumnado por grupos de idade, e pudieron ver, tocar, ulir e escoitar moitísimas curiosidades sobre os seres do mar.

Moitísmas grazas Vanesa por traer todo o teu coñecemento sobre o mar!! encantoulles

UNHA VISITA INESPERADA!

O mércores tivemos unha visita inesperada, Vicente (o papá de Leo) veu a vernos e prestounos unha peixeira con dous peixes.

Así que agora temos dúas mascotas que coidar con moitísma ilusión.

Moitas grazas á familia de Leo!

 

Xa naceron os pitiños!!

En xaneiro tivemos a sorte de que "Monasterio" nos deixara unha incubadora con ovos galeados para poder ver que tras 21 días nacerán deses ovos uns pitiños. Ainda que por fallos técnicos non saiu a primeira remesa. intentámolo de novo e tras agardar outros 21 longos días, por fin o día 24 de febreiro, naceron os pitiños.

*máis fotos na galería de imaxes

            

ACTIVIDADE SOBRE O MAR

25 NOVEMBRO A NOSA ESCOLA DÍ: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!

A Escola de Educación Infantil rexeita a violencia de xénero, por iso vestimos a nosa escola de negro como protesta a este tipo de violencia.

Polo que tamén temos á entrada e á saída das aulas música en contra da violencia machista e dende a biblioteca serán ofertadas a proxección de películas coa mesma temática.

 

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS

MAGOSTO 2016

Aproveitando a celebración do Magosto, Maite contounos un fantástico conto, "A árbore sen follas", no que colaborou todo o alumnado, agasallando á árbore follas de cores de outono.

Un conto cheo de empatía, amor pola natureza e amizade. Moitas grazas Maite! desexando xa o seguinte conto...

Tamén cantaron todos xuntos con Branca, cancións típicas do Magosto. e Lucas de 4 anos A xunto con carmela recitaron un poema sobre o outono de Federico García Lorca.

Por último comemos as castañas que aportaron as familias desta escola. Moitas grazas pola vosa colaboración.

*podedes ver as fotos de toda a celebración na Galería de fotos, no album "Magosto 2016"

       

Presentamos o blogue de Oliva!!

Neste blogue Oliva amósanos todas as actividades que leva a cabo co seu alumnado, disfrutádeas!

https://pequenicos.blogspot.com.es/

 

 

Proxecto das aulas de 4 anos: Rumbo ao espazo!

Nas aulas de 4 anos estamos a traballar todo o relacionado co Espazo. E grazas á colaboración das familias temos unha morea de libros, artigos, manualidades... relacionadas co tema.

Coma todo o alumnado está moi interesado co proxecto aquí van unha serie de actividades sobre o Sistema Solar, astronautas, foguetes espaciais...

3, 2, 1..... A xogar!!

 

Lembrade que Plutón xa non é un Planeta!!

 

 


 

BLOGUE DA BIBLIOTECA DA ESCOLA:

O BLOGUE DA BIBLIOTECA DA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL DE VILALBA É ASÍ DE INTERESANTE E CHAMATIVO, VISÍTAO:

PREME NA SEGUINETE LIGAZÓN PARA ACCEDER AO NOSO BLOGUE DE BIBLIOTECA:

http://infantilvilalba.blogspot.com.es/

Distribuir contido