EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

NUTRICOLES

VISITA Á BIBLIOTECA

Onte desfrutamos dunha xornada na biblioteca municipal de Vilalba.Primeiro,Atenea, a bibliotecaria, explicounos o funcionamento da biblio e o empréstito.Despois, unha moura que vive na charca do Alligal contounos a historia dunha cabra que foi curada das súas enfermidades grazas ás propiedades curativas e ao poder milagroso das augas da charca.

                                                            

FINAL DO SEGUNDO TRIMESTRE

 

Á caza dos ovos de Pascua!

O último día de clase chegou o coello de Pascua para agochar polo patio un montón de ovos de chocolate! Os alumnos tiveron que buscalos e posteriormente gardáronos nunhas galiñas de papel que eles mesmos decoraron. Pasámolo xenial!

Podedes ver tamén algunhas das portadas dos traballiños do segundo trimestre así como as bolsas nas que se gardaron.

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe 2 de abril, conmemoramos o Día Mundial de Concienciación sobre o AUTISMO;este ano baixo o lema "Autismo cerca de ti". Para iso, todo o alumnado e profesorado da escola, fotografiámonos diante dun mural que fixemos entre todos previamente. Este ano como novidade sumámonos á iniciativa #lightitupblue# no que a nosa escola quedou no número 320 no ranking mundial polo alumeado do edificio. Quedou precioso!

MENÚ COMEDOR- ABRIL 2024

SAÍDA 5º E.I.

O pasado venres,os nenos e nenas de 5º de Infantil fixeron unha saída a Narón e San Sadurniño.

En  Narón visitaron o Muíño de Pedroso e realizaron un obradoiro da prehistoria e un obradoiro de cosmética natural.

Pola tarde, na Fraga Máxica de San Sadurniño, foron recibidos por representantes de @concellosansa e agasalláronos cuns detalliños.Moitísimas gracias  Raquel e Roberto!

                                            

DÍA DA MULLER 8M

8 DE MARZO,DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres 8 de marzo conmemoramos na escola o Día Internacional da Muller. Os nenos e nenas de 6º e 5º de Infantil, fixeron actividades para "as mulleres da súa vida". Posteriormente, todos os alumnos do centro escoitaron o conto de "Vanesa non quere ser princesa".                                

                                  

CHARLA SOBRE NUTRICIÓN

               

ROSALÍA DE CASTRO

Continuamos traballando sobre Rosalía de Castro, nesta ocasión "sacamos fotos coa" famosa autora. Moitas grazas a Lescha por prestarnos este roll up co que o pasamos tan ben.

Distribuir contido