EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

8 DE MARZO

                                    

MENÚ COMEDOR- MARZO 2024

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

 

NORMATIVA 

O proceso de admisión está regulado na seguinte normativa:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado e a Orde do 21 de outubro de 2022.

 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO

  • 4º Infantil (3 anos): 40 prazas (6 para alumnado con NEAE).

  • 5º Infantil (4 anos): 10 prazas.

  • 6º Infantil (5 anos): 4 prazas.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Do 1 ao 20 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Solicitude de admisión (modelo 550B) en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • Fotocopia do libro de familia da folla do alumno/a.

  • Fotocopia tarxeta sanitaria.

  • Certificado médico. 
  • Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.

  • Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.

  • Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.

  • De ser o caso, fotocopia do convenio regulador ou resolución de separación xudicial ou divorcio.
  • 2 fotografías tamaño carné.

  • Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.

  • Cuestionario sobre a lingua materna.

  • Opción sobre o ensino de relixión.

  • Autorización uso da imaxe.

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN 

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no taboleiro de anuncios do centro: 25 de abril.

  • Publicación das listaxes definitivas no taboleiro de anuncios do centro15 de maio.

  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

IMPORTANTE

  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. 

  • O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.

  • No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.

 

 

REAPERTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

 A Biblioteca Municipal abrirá as súas portas este mércores 28.Unha xornada cargada de citas importantes á que estades todos e todas invitados!

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado venres conmemoramos o día de Rosalía de Castro. Todos os nen@s da escola fixeron cadansúa rosa para elaborar o mural principal. A continuación, xa nas aulas, realizáronse actividades para coñecer á nosa máis coñecida escritora.

 

ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO

 

O equipo de Dinamización Lingüística, anÍmavos a escoitar este poema de Rosalía de Castro con música de Carlos Núñez.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ENTROIDO

Chegou o Entroido! Despois de seguir toda a semana os mandadiños, o venres celebramos a gran festa. Este ano, disfrazámonos de personaxes de lenda: magos, faunos e trasnos.A media mañá, o alumnado degustou uns boliños aos que invitou a ANPA. A continuación todos baixamos ao patio a desfilar mostrando os nosos disfraces e a bailar as coreografías que se prepararon coa profe Oliva. Moitas grazas a ANPA pola súa colaboración neste día tan especial!

SAÍDA Á CORUÑA

O pasado mércores o alumnado de 6º de Infatil, saiu de excursión á Coruña.A primeira parada foi nos arredores da Torre de Hércules,onde a profe Ana contoulles a lenda que envolve tan famosísimo monumento.

Despois, visitamos o acuario e aprendimos moitas cousas sobre os peixes.

E por último, pola tarde, experimentamos na Casa das Ciencias e vimos unha divertida proxección no Planetario. Foi un día estupendo!

GRUPOS INTERACTIVOS

   Os venres pola mañá, as familias acoden ao noso centro a traballar cos alumnos de 6º de E.Infantil en diferentes actividades que as titoras organizan. A afectividade vai íntimamente ligada a un aprendizaxe significativa, polo que esta experiencia resulta tan productiva como gratificante para os nen@s. Moitísimas gracias ás familias por participar nesta iniciativa.

                                                                   

                                                                           

Distribuir contido