EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

SAMAÍN 2023

Recollemos neste vídeo un pequeno resumo da nosa festa de SAMAÍN: maquillaxes monstrosas, merendas terroríficas, contacontos "A estraña visita" e moito baile e cancións en inglés.

 

 

ANDAINA POLAS ENFERMIDADES MITROCONDRIAIS

O alumnado e profesorado da escola, fixemos onte unha andaina polo entorno do cole para conmemorar a semana das enfermidades mitocondriais e darlle visibilidade a dita enfermidade minoritaria.

                      
                                 

                                                      

CONCERTO DIDÁCTICO DE ESMUVI

Os alumnos e alumnas de e acudiron o pasado venres a un concerto didáctico de ESMUVI no Auditorio Municipal de Vilalba.

Grazas por facérnolo pasar tan ben!

                                       

                                                           

DECORAMOS O NOSO MURAL PRINCIPAL

Os nenos de 5º e 6º pintaron as súas cariñas para decorar o mural principal. Así de bonito quedou!!

 

BENVID@S!

Desexámosvos feliz curso a toda a comunidade educativa.

 

BENVIDOS/AS AO CURSO 23-24

 

REVISTA ESCOLAR: "A CARRILANA DAS NOVAS". CURSO 22-23

 

Aquí tedes unha nova edición da revista "A CARRILANA DAS NOVAS". Nela, atoparedes un resumo dos proxectos, obradoiros, saídas e demais actividades realizadas neste curso 22-23. 

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24 - CONCELLO DE VILALBA

 

O concello de Vilalba acaba de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas para adquisición de material escolar dirixida a Educación Infantil (3-6 anos), para o curso 2022/2024:

 

FESTA FIN DE CURSO

Hoxe tivemos unha gran festa para despedir o curso 2022-2023.

A xornada comezou con cinco estacións de xogo polas que as nenas e nenos ían rotando. Non puideron ser máis divertidos!!!

Posteriormente, paramos para recargar forzas cunha gran merendola para así poder ter moita enerxía para o baile que nos esperaba na actuación da familia do noso compañeiro Antón (grazas unha vez máis).

Finalmente, tivemos o recreo e logo subimos ás aulas a despedirnos!!!

Que teñades bo verán e boas vacacións nenos e nenas!!!

PELÍCULA VALENTINA

Grazas ao IESCHA o luns 19 asistimos a unha xornada de cine no Auditorio de Vilalba para ver a película Valentina.

Queremos agradecer desde a nosa escola que se organicen actividades como estas para os centros educativos! 

 

 

Distribuir contido