EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Co motivo do Día de Rosalía de Castro "plantamos", en colaboración co Instituto de Estudos Chairegos e o Centro Ocupacional de Vilalba, os pensamentos que o noso alumnado preparou nas súas clases.

Estes pensamentos serán colocados no Parque de Rosalía de Castro de Vilalba, o día 23 de febreiro.

Grazas por organizar actividades tan fermosas xunto cos centros educativos da vila.

 

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz. 

Días previos preparamos o noso mural, tendo como lema "Unha ollada pola paz".

O propio día, todas e todos cantamos e bailamos unhas cancións ao son das nosas pandeiretas, preparadas polo propio alumnado.

Finalmente, soltamos as nosas pombas para facer chegar o noso desexo de Paz ao mundo enteiro.

 

BO NADAL

Ata aquí chegou o primeiro trimestre e que mellor maneira de rematalo que de festa!!

Tivemos a visita dos Reis Magos, unha merenda especial e festa, moita festa!!

Desde a EEI de Vilalba agardamos que pasedes bo Nadal e desexamos a toda a comunidade educativa un bo 2023.

 

 

MURAL NADAL

Aquí vos mostramos o resultado final do noso tradicional mural de Nadal cos adornos realizados polo noso alumnado e as súas familias.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración. 

DÍA DA DISCAPACIDADE

O día 1 de decembro conmemoramos o día da Discapacidade cos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil do CEIP Antonio Insua Bermúdez.

 

En diferentes xogos puxémonos na pel daquelas persoas que teñen diversidade funcional.

 

Grazas ao profesorado do CEIP Antonio Insua Bermúdez por ter preparada unha xornada tan especial.

 

PROGRAMACIÓN IGUALDADE ANPA

Rematou o mes de Novembro e con el a programación de diversas actividades de Igualdade organizadas pola ANPA da nosa escola:

 

  • O día do Magosto tivemos connosco á asociación XOTRAMU para desenvolver diferentes xogos tradicioanais.
  • Urdime coa obra Rosa Caramelo.
  • Migallas co seu espectáculo Pan de Millo.
  • Contacontos de Ana Meilán con 8 patas, O aire do lobo Rigoberto e Bágoas baixo a cama.
  • Pintura dun mural no patio da nosa escola, no que tanto alumnado como profesorado e persoal non docente puxemos a nosa pegada.
  • Préstamo de contos da Biblioteca da nosa escola e da Biblioteca Municipal.

Grazas, grazas e grazas á nosa ANPA por axudarnos a achegar a nosa cultura dunha maneira tan divertida!!

 

 

MAGOSTO 2022

O pasado venres 11 de novembro festexamos na escola o Magosto.

 

A xornada comezou cos xogos tradicionais a cargo da Asociación XOTRAMU (Xogos Tradicionais de Muimenta), sufragado pola ANPA.

 

Logo tivemos a degustación de castañas, feitas no cole polo profe Rogelio. E finalmente bailamos "Arao", que practicamos nas sesións de Psicomotricidade coa profe Oliva.

 

Foi unha mañá xenial!!

 


PDI "OS NOSOS MAIORES"

Este curso o PDI (Proxecto Documental Integrado) é "Os nosos maiores".

O PDI é un proxecto que nace na biblioteca e que todo o alumnado da escola traballará ao longo de todo o curso.

Unha das primeiras propostas que xurdiu foi crear o recanto dos avós/avoas e bisavós/bisavoas. Nel, viran a contarnos algunha historia, lenda, xogo, canción, obradoiro... o que eles desexen e do que sacaremos moitas aprendizaxes.

Recordade que seguiremos con esta proposta ao longo de todo o primeiro trimestre, aínda estades a tempo de anotarvos!

Grazas por participar!!

 

SAMAÍN

Chegou o Samaín!! Un dos festexos que máis nos gusta do curso.

Toda a semana estivemos a preparar traballiños que expuxemos na entrada da nosa escola para crear un ambiente terroríficamente fermoso.

Chegado o día, todo comezou nas aulas cuns obradoiros de maquillaxe para caracterizarnos para a gran festa!! Nela puidemos disfrutar da dramatización do conto "A bruxa enrabechada" por parte dos nosos profes Oliva, Claudia, Belén, Noelia e Xesús. Posteriormente, bailamos as cancións que estivemos preparando coa profe Fidelina nas sesións de Inglés e logo as que preparamos coa profe Oliva.

Finalmente, rematamos a festa con baile de diferentes cancións de Samaín que nos encantan.

Pasámolo xenial!!!

 

 

ESMUVI

Recibimos na nosa escola a visita dos chicos da Escola de Música de Vilalba (ESMUVI).

Puidemos disfrutar dun fantástico concerto no que o pasamos xenial. Só hai que ver as nosas cariñas... Grazas chicos!!

Distribuir contido