EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

PELÍCULA VALENTINA

Grazas ao IESCHA o luns 19 asistimos a unha xornada de cine no Auditorio de Vilalba para ver a película Valentina.

Queremos agradecer desde a nosa escola que se organicen actividades como estas para os centros educativos! 

 

 

GRADUACIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN INFANTIL

O pasado venres tivemos o acto de graduación para despedir ao alumnado de de Educación Infantil, que remata a súa etapa na nosa escola.

Compañeiras e compañeiros, botarémosvos de menos, pero tedes que seguir o voso voo. Moita sorte na vosa nova etapa!!

 

 

EXCURSIÓN 4º E 5º

O pasado mércores o alumnado de  e  fomos de excursión a San Cibrao e Foz.

O noso primeiro destino foi San Cibrao, onde visitamos o Museo do Mar; grazas a Silvia por contarnos e amosarnos un montón de cousas interesantes. Tamén alí fomos á praia do Torno, onde puidemos ver a estatua da Maruxaina, que tantas ganas tiñamos despois de coñecer a súa lenda.

Logo, collemos o FEVE destino Foz. Xa na praia de LLas comimos e xogamos moito na area.

Foi unha experiencia marabillosa!

 

APADRIÑAMENTO LECTOR

Este venres tivemos na nosa escola a nenos e nenas do CEIP Insua Bermúdez, de Vilalba, para levar a cabo a proposta "Apadriñamentos Lectores".

Os Apadriñamentos Lectores son grupos verticais nos que o neno ou nena maior le un conto ao pequeno ou pequena para compartir xuntos momentos de lectura.

Ao rematar esta xornada de convivencia, quixemos agasallar a estes nenos e nenas e ás súas profes coa dramatización do conto "Os Chibos Chibóns".

Grazas! Agardámosvos para a seguinte!

 

 

 

PFPP "CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS EMPREGANDO O PROGRAMA GENIALLY".

Este curso, o profesorado do centro, realizou un Plan de Formación Permanente (PFPP) adicado á "Creación de contidos dixitais empregando o programa Genially". Aquí amosamos os diferentes geniallys creados.

 

 

 

------------------------------------------------------------------------------

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente coa visita de Sotavento.

Grazas a eles aprendimos diferentes formas de obter enerxía e calor, implicándonos en actividades e explicacións coas que o entendimos moi ben. Ata comimos chocolate quentiño aproveitando os raios de Sol.

Grazas pola experiencia!

Visita dos usuarios e usuarias da Residencia de Maiores de Vilalba

Hoxe tivemos unha vista moi pero que moi especial. E non é outra que a de algún dos usuarios e usuarias da Residencia de Maiores de Vilalba.

Comezamos desenvolvendo un obradoiro colaborativo de lapiceiros, que por certo quedaron fermosos! Posteriormente as nenas e nenos das clases de 4º de Infantil puxeron en práctica un baile que estiveron preparando todo este tempo. E, para rematar, tivemos un baile espontáneo no que moitos se animaron a participar!

Grazas, grazas e grazas por participar nesta proposta que, desde logo, non esqueceremos ningún dos que a vivimos. Foi unha xornada máxica

 

XIII CARREIRA ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS

O venres 19 de maio asistimos, no Estadio A Magdalena, á XIII Carreira Escolar das Letras Galegas organizada polo Concello de Vilalba para todos os colexios da nosa localidade.

Grazas por organizar esta boa mañá chea de convivencia e deporte.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a Francisco Fernández del Riego.

Todo o alumnado de maneira conxunta decorou a caricatura de este autor para colocala no mural principal e, nas aulas, traballaron acerca da súa vida e obra.

CONTOS EN FAMILIA

Grazas a todas as familias que participan nesta proposta tan significativa para todos e todas.

Grazas por aportar momentos de maxia, nos que os contos nos invitan a viaxar a mundos fantásticos.

AS FAMILIAS CONTAN NA NOSA ESCOLA!!

Distribuir contido