EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio conmemoramos na escola o día da familia. Baseándonos no libro " El hilo invisible", os nenos fixeron estas fermosas manualidades para os seus seres queridos.

CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS 2024

O pasado venres 10 de maio, participamos, no estadio A Magdalena, na XIV Carreira das Letras Galegas.A actividade foi organizada polo Concello de Vilalba para todos os colexios da nosa localidade.

Pasamos unha boa mañá chea de convivencia, diversión e deporte.

LAGOA DE COSPEITO

Onte, todo o cole saímos de excursión a visitar a lagoa de Cospeito. Cando chegamos, o alcalde explicounos as principais características da contorna mentres que observabamos a fermosa paisaxe. A continuación, demos un paseo, merendamos e para finalizar a xornada, a profe Merce contounos a lenda da lagoa.Foi un día xenial!

BROCHETAS E ZUMBA

BROCHETAS DE FROITA E ZUMBA

PREME NA IMAXE E PODERÁS OBSERVAR UN VÍDEO DAS ACTIVIDADES REALIZADAS O PASADO VENRES NA ESCOLA!

MENÚ COMEDOR- MAIO 2024

LISTA ADMITIDOS/AS CURSO 2024-2025

 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión, para o vindeiro curso escolar 24-25, informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro foi admitido

 

listaxe de admitidos e admitidas pode consultarse no taboleiro de anuncios,  situado no interior do edificio escolar.

 

Lembramos quedo 20 ao 30 de xuño, as familias deberán pasar polo centro para a formalización de matrícula. 

DÍA DO LIBRO 2024

No "Día do Libro" recibimos a visita da escritora vilalbesa,María Xosé Lamas.

Ademais, seguindo a tradición nesta data,cada neno e nena recibiu un libro(dos fondos da nosa biblioteca) e unha rosa.

AURORA CONDUTORA E DRAGONCÍN CANTARÍN

Hoxe tivemos o pracer de ter connosco á autora do libro "Aurora condutora e Dragoncín cantarín"; un conto inclusivo que anima aos nenos a non renderse e loitar polos seus soños. A actividade rematou cunha canción que todos cantamos e bailamos. Grazas Susana por facérnolo pasar tan ben.

 

  

NUTRICOLES

VISITA Á BIBLIOTECA

Onte desfrutamos dunha xornada na biblioteca municipal de Vilalba.Primeiro,Atenea, a bibliotecaria, explicounos o funcionamento da biblio e o empréstito.Despois, unha moura que vive na charca do Alligal contounos a historia dunha cabra que foi curada das súas enfermidades grazas ás propiedades curativas e ao poder milagroso das augas da charca.

                                                            

Distribuir contido