Skip to Content

2010-2011

VISITA Á ILLA DE CORTEGADA

PANADARÍA

Películas en lingua estranxeira

Como ben sabedes, desde o mes de abril, estivemos levando para a nosa casa películas en inglés. O obxectivo principal desta actividade era facer que os alumnos e alumnas da escola estiveran máis tempo en contacto ca lingua estranxeira, pois como ben sabedes, en infantil tan só hai unha hora de inglés á semana.

As películas que levamos eran copias que so permitían o visionado en inglés, para así conseguir o principal obxectivo que era unha maior exposición a esta lingua.

[swf file="/srv/hosting/home/eeianxeles/drupal/files/springishere~1.flv"]

EXCURSIÓN A SANTIAGO (Abril )

Spring is here!

 

Here you are some spring drawings, with flowers, bees, birds, butterflies...

Aquí tendes algúns debuxos da primavera, con flores, abellas, paxaros, bolboretas...

[swf file="/srv/hosting/home/eeianxeles/drupal/files/springishere.flv"]

OS BOSQUES ( ÁRBORES)

Scrabble

O segundo proxecto que  levamos adiante co portfolio das linguas, foi este singular xogo de formación de palabras, o SCRABBLE. Novamente foi un proxecto común para as diferentes linguas do centro, e outra vez máis, emprazouse na entrada principal da escola, onde todos temos acceso a el.

Kalandraka

Contando e cantando  ca Familia C entramos no mundo dos contos de Kalandraka. Viaxamos con Pancho e vivimos a maxia do mago Goma. Se queredes ver un pouquiño de todo o que alí vimos, escoitamos e cantamos aquí tendes este pequeno vídeo.

setembro a decembro

entroido

salón do libro

xaneiro-febreiro

ENTROIDO

Salón do libro

O martes primeiro de marzo, visitamos o salón do libro en Pontevedra onde tivemos a oportunidade de coñecer a un lobo moi especial, Orbil.

O salón do libro este ano está adicado ás mentiras e a todos os mentireiros dos contos. Aquí tedes unhas cantas fotos deste día tan especial para nós.

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

Na EEI dos Ánxeles xa estamos preparados para o Entroido

Na EEI dos Ánxeles, xa estamos preparados para o Entroido!

 

Durante a vindeira semana teremos que traer ao cole unha cousa diferente. O que traiamos o luns, teremos que traelo tamén o martes e o resto dos días, ademáis do obxecto novo que vos vaiamos pedindo. 

 

OS COMEZOS

Refráns: marzo

Marzo,marzán

cara de can.

Que marzo vos poña boa cara e a disfrutar coa interpretación persoal que fixeron deste refrán.

Portfolio Europeo das Linguas

Neste curso o noso colexio forma parte do proxecto Portfolio Europeo das linguas (PEL).

O PEL é un documento vinculado á aprendizaxe de linguas promovido pola Unión Europea. Está dividido en 3 partes:

O PASAPORTE DE LINGUAS: onde se reflexa mediante un cadro de autoavaliación os logros acadados en diferentes linguas, os diplomas obtidos, cursos...

A BIOGRAFÍA LINGÜÍSTICA: onde se describen as experiencias en cada unha das linguas.

O DOSSIER: este contén exemplos dos traballos ou proxectos realizados nas diferentes linguas (documentos escritos, presentacións, vídeos, diplomas...).

O PEL de infantil non só será completado polos nenos e nenas senón que as familias xogan un papel fundamental, xa que terán que axudar ós nenos a completar o seu portfolio.

Como? Axudándolles a crear a súa biografía, a recopilar elementos de interés para o seu dossier...

Despois da primeira reunión informativa, enviarásevos información sobre as actividades que se desenvolvan e precisen da vosa colaboración. De igual xeito tamén poderedes participar a través dos proxectos que se sitúan na entrada principal.

Se facedes click sobre esta imaxe poderedes acceder á web onde atoparedes máis información sobre o PEL.

Día da paz

O día 30 de xaneiro celébrase o día da PAZ Un día para pensar no que significa para nós esta palabra.

Todos xuntos pintamos unha árbore chea de pombas brancas feitas coas nosas mans  e  unha bola do mundo onde todas as razas e relixión se dan a man.

Bo Nadal

Desde a EEI dos Ánxeles dese xámosvos unhas felices festas e un próspero ano novo.

Así despedimos nós o ano:

Asistimos a unha videoconferencia con Papá Noel.


 

Fixemos postais de nadal.


 

E finalmente despedimos o ano cunha festiña para a que todos cociñamos. 


Merry Christmas!

We read the Gingerbread Man story in class, and after that we created our own gingerbread people in plasticine and decorated them.

Lemos a historia do Homiño de Mazapán na clase e logo fixemos os nosos propios homiños de plastilina e decorámolos.

 We also recorded this song for you.  

      

      Merry Christmas and a Happy 2011! 

Magosto na Luaña

  


Este ano celebramos o magosto na Luaña. Alí os nenos e nenas, e a profe Rosa, recibíronnos con moitos froitos do outono, e castañas asadas. Tamén puidemos probar mel recén recollido.

Christmas Books to Read

Desde a área de lingua estranxeira recomendámovos dous libros fantásticos para estas datas.

Blog de recursos

Se facedes click sobre a imaxe  poderedes acceder a un blog de recursos no que os nenos e nenas poden atopar multitude de materiais en lingua estranxeira: contos interactivos, cancións, xogos...

Festexamos o Samaín e o Halloween!



Nestes días de outono a nosa escola festexa o Samaín. Que non sabedes o que é?


O Samaín é unha festa que ven xa de hai moito tempo e na que se empregan as cabazas para meter medo.


Imos tod@s traer cabazas o colexio para decoralas e así celebrar esta festa.


Ca teacher de Inglés tamén cebramos o Halloween que é moi parecido o Samaín, pero no Halloween os nenos disfrázanse e van pedir caramelos polas portas.


 


Distribuir contido


by Dr. Radut