Skip to Content

Menú comedor escolar xuño

MENÚ COMEDOR MAIO

Menú comedor abril

ADMISIÓN ALUMNADO

Xa están actualizados os datos para calcular a puntuación pola renda per capita

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NESTA ESCOLA)

 O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 1 ao 22 de marzo de 2021.

 Hai que entregar os impresos de admisión(Anexo II) cubertos ( en caso de separación dos proxenitores ou que non están casados, a solicitude irá asinada polos dous), xunto con:

Menú do comedor de marzo

Xornada de portas abertas virtual

Estimadas familias:

O vindeiro martes 2 de marzo de 2021 ás 16:30 horas, realizaremos unha reunión virtual para as novas familias que desexen coñecer información da escola.

A reunión virtual realizarase a través da aplicación Cisco Webex. Para participar na reunión as persoas interesadas deberán enviar un email ao correo do centro: eei.anxeles@edu.xunta.gal indicando que queren participar en dita reunión e recibirán un email coas indicacións para unirse á reunión.

Se alguén ten problemas para unirse á reunión poderán chamar ao teléfono do centro: 981509977

Menú comedor febreiro

Adxuntamos o menú para o mes de febreiro

RESERVA PRAZA CURSO 2021-2022

O alumnado que neste curso está matriculado nesta escola en 6º de educación infantil e para o vindeiro curso vai matricularse no CEIP de Pedrouzos en 1º de educación primaria terá que facer solicitude de reserva de praza .

 PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Menú comedor xaneiro

Menú comedor decembro

Menú do comedor mes de decembro.

Información e recursos COVID

Neste apartado colgaremos enlaces a vídeos, sobre como colocar a máscara, como realizar o lavado de mans..., que resulte de interese para a comunidade educativa.

Colgaremos tamén documentación que publique a Consellería de Educación ou de Sanidade.

 No seguinte enlace podedes ver un vídeo sobre os erros máis frecuentes no uso de máscaras.

https://www.youtube.com/watch?v=8fuHSckuzoo&feature=emb_title

Menú comedor novembro

Menú comedor outubro

No arquivo adxunto poderán consultar o menú do mes de outubro.

Documentos COVID elaborados polo centro

Estimadas familias;

Neste apartado iremos publicando os documentos elaborados polo centro para a adaptación do mesmo ao contexto educativo da COVID-19 para o curso 2020-2021.

Nos arquivos adxuntos atoparades a terceira versión do "Plan de Adaptación á situación COVID-19 para o curso 2020-2021" e os anexos de dito plan.

Tamén está xa publicada a segunda versión  do "Programa de acollida para o curso 2020-2021"

 Está dispoñible a segunda versión do "Plan de Continxencias".

Menú comedor setembro

NO arquivo adxunto está dispoñible o menú do mes de setembro.

Reunións de principio de curso

Estimadas familias,

As reunións de principio de curso realizaranse de xeito telemático, empregando diferentes medios dependendo do curso do alumnado.

A reunión para as familias que solicitaron o comedor escolar terá lugar o luns día 7 de setembro ás 17:00 a través da aplicación Cisco Webex. Xa se enviou un email a todas as familias, explicando como se pode descargar a aplicación e indicando o número de sala para a reunión.

Comedor

Informamos de que atendendo ao publicado no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, problablemente o número de prazas de comedor se verá reducido. Para elaborar unha listaxe de admitidos/as acorde co número de prazas reais de uso do comedor as familias disporán dos días 29, 30 e 31 de xullo en horario de 9:30 a 13:00 para entregar a seguinte documentación:

Calendario escolar curso 2020-2021

No arquivo adxunto está dispoñible o calendario escolar para o vindeiro curso.

MATRÍCULA ESCOLAR CURSO 2020-2021

O prazo para formalizar a matrícula escolar para o vindeiro curso 2020-2021 do NOVO ALUMNADO, estará aberto do 1 ao 10 de xullo, en horario de 9:30 a 13:00, de luns a venres.

Para formalizar a matrícula será necesario entregar os seguintes impresos cubertos e asinados, que poderán recollelos no centro ou descargalos dende aquí, ademais da seguinte documentación

PRAZO SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021

O prazo para solicitar o uso do servizo de comedor para o vindeiro curso 2020-2021 será dende o 25 de xuño ao 3 de xullo de 9:30 a 13:00 horas.

Documentación que deberán presentar:

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMISIÓN

Dende hoxe luns 15 de xuño están publicadas as listas defiitivas de admitidos/as na escola.

Como non houbo reclamacións non sufriron modificacións as listas. Todo o alumnado foi admitido.

Recordamos que do 1 ao 10 de xullo deberán formalizar a matrícula.

PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS DE ADMISIÓN

Desde hoxe martes 2 de xuño está publicada a LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2020/2021 no taboleiro interior da escola. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

TODO O ALUMNADO RESULTOU ADMITIDO.

BAREMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN

Debido a que se presentaron máis solicitudes que prazas para 4º de educación infantil temos que baremar. O prazo para presentar a documentación será dende o martes 19 de maio ao martes 26 de maio.

Recordamos que o xoves 21 de maio é festivo local en Brión, polo que o centro permanecerá pechado.

REANUDACIÓN DOS PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN

Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado.

Dende o vindeiro luns 11 de maio e ata o luns 18 de maio poderase entregar no centro a documentación para a solicitude de admsión de alumnado. As novas datas de todo o proceso son:

 

  • entrega de solicitudes de admisión:  do 11 ao 18 de maio incluídos.
  • entrega de documentación en caso de que sexa necesario baremar: ata o 26 de maio. ( o día 19 de maio avisaremos por email e na web do centro se é necesario baremar)
  • publicación das listas provisionais de admitidos: antes do 9 de xuño
  • no prazo de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da lista provisional poderanse realizar reclamacións no centro.
  • publicación da lista definitiva de admitidos: antes do 26 de xuño.
  • realización da matrícula: do 1 ao 10 de xullo

O horario do centro para realizar estes trámites administrativos será de 10:00 a 13:00 horas. Para calquera dúbida poden chamar ao número 981509977.

 

Instrucións en relación co COVID-19

ADMISIÓN ALUMNADO

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

OUTRA INFORMACIÓN

O centro permanecerá pechado ata o día 30 de marzo. Se hai novidades neste aspecto comunicaranse nesta web, e ás familias que están actualmente no centro, a través de email e da aplicación ABALAR mandaranse mensaxes de aviso.

Poderán comunicarse coa dirección do centro no teléfono 672-36-66-04 e no correo electrónico: eei.anxeles@edu.xunta.es

 

ADMISIÓN ALUMNADO

XORNADA PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS

 O MARTES 3 DE MARZO ás 16:30 realizarase unha reunión informativa na que se poderán visitar as instalacións do centro e se resolverán dúbidas.

Nos seguintes enlaces dispón de mais información do proceso de admisión

 

Menú comedor marzo

XORNADA PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS

XORNADA PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS

 

O MARTES 3 DE MARZO ás 16:30 realizarase unha reunión informativa na que se ensinará as instalacións do centro ás novas familias e se resolverán dúbidas.

A finais de febreiro colgaremos máis información sobre o proceso de admisión e a documentación.

Menú comedor febreiro

Menú comedor xaneiro

Distribuir contido


by Dr. Radut