Skip to Content

Saídas

Saída Illa de Cortegada

Xa temos aquí o vídeo da excursión que fixemos á Illa de Cortegada. Esperemos que vos guste porque nós ese día pasámolo moi ben.

Visita dos cans á escola

Aquí deixamos o vídeo da visita que nos fixeron os cans de Só lles falta falar!

A verdade é que o pasamos moi ben, aínda que algúns ao principio tiñamos un pouquiño de medo!!!!

Queremos agradecer á ANPA a sua aportación económica para poder realizar esta actividade na escola.

Hospital de osiños

Aquí vos deixamos o vídeo da actividade que realizamos no cole do "Hospital de Osiños". Espero que desfrutedes tanto do vídeo como o fixeron os nenos/as cando realizaron a actividade.

Queremos darlle as grazas aos alumnos/as de medicina por vir á nosa escola a realizar esta actividade e ensinarnos un montón de cousas.

Visita Cidade da Cultura

No primeiro trimestre realizamos unha visita á Cidade da Cultura para ver a exposición de Orinoco. Aquí vos deixamos un vídeo resumo da saída.

O Quebranoces

Pouco despois de voltar das vacacións a nosa primeira saída foi a Santiago a ver "O Quebranoces" A verdade é que o pasamos moi ben e aquí tedes unha pequena mostra do que vimos .

http://www.youtube.com/watch?v=Oq8iqiUGI9Q&feature=youtu.be

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2012

O novo curso está a piques de empezar. Faltan xa moi pouquiños días e como sabemos que xa tendes moitas ganas de comezar aquí vai un vídeo do curso anterior da nosa saída ós contacontos de Kalandraka en Santiago.

El metal y sus colores

Kalandraka

Contando e cantando  ca Familia C entramos no mundo dos contos de Kalandraka. Viaxamos con Pancho e vivimos a maxia do mago Goma. Se queredes ver un pouquiño de todo o que alí vimos, escoitamos e cantamos aquí tendes este pequeno vídeo.

Salón do libro

O martes primeiro de marzo, visitamos o salón do libro en Pontevedra onde tivemos a oportunidade de coñecer a un lobo moi especial, Orbil.

O salón do libro este ano está adicado ás mentiras e a todos os mentireiros dos contos. Aquí tedes unhas cantas fotos deste día tan especial para nós.

Distribuir contido


by Dr. Radut