Skip to Content

PEL

This is England

Coming soon!

MARIQUITAS

What the World Eats

Estas foron algunhas das conclusións ás que se chegaron tras ver a presentación coas fotos de Peter Menzel.

Películas en lingua estranxeira

Como ben sabedes, desde o mes de abril, estivemos levando para a nosa casa películas en inglés. O obxectivo principal desta actividade era facer que os alumnos e alumnas da escola estiveran máis tempo en contacto ca lingua estranxeira, pois como ben sabedes, en infantil tan só hai unha hora de inglés á semana.

As películas que levamos eran copias que so permitían o visionado en inglés, para así conseguir o principal obxectivo que era unha maior exposición a esta lingua.

[swf file="/srv/hosting/home/eeianxeles/drupal/files/springishere~1.flv"]

Scrabble

O segundo proxecto que  levamos adiante co portfolio das linguas, foi este singular xogo de formación de palabras, o SCRABBLE. Novamente foi un proxecto común para as diferentes linguas do centro, e outra vez máis, emprazouse na entrada principal da escola, onde todos temos acceso a el.

Portfolio Europeo das Linguas

Neste curso o noso colexio forma parte do proxecto Portfolio Europeo das linguas (PEL).

O PEL é un documento vinculado á aprendizaxe de linguas promovido pola Unión Europea. Está dividido en 3 partes:

O PASAPORTE DE LINGUAS: onde se reflexa mediante un cadro de autoavaliación os logros acadados en diferentes linguas, os diplomas obtidos, cursos...

A BIOGRAFÍA LINGÜÍSTICA: onde se describen as experiencias en cada unha das linguas.

O DOSSIER: este contén exemplos dos traballos ou proxectos realizados nas diferentes linguas (documentos escritos, presentacións, vídeos, diplomas...).

O PEL de infantil non só será completado polos nenos e nenas senón que as familias xogan un papel fundamental, xa que terán que axudar ós nenos a completar o seu portfolio.

Como? Axudándolles a crear a súa biografía, a recopilar elementos de interés para o seu dossier...

Despois da primeira reunión informativa, enviarásevos información sobre as actividades que se desenvolvan e precisen da vosa colaboración. De igual xeito tamén poderedes participar a través dos proxectos que se sitúan na entrada principal.

Se facedes click sobre esta imaxe poderedes acceder á web onde atoparedes máis información sobre o PEL.

Distribuir contido


by Dr. Radut