Skip to Content

Scrabble

O segundo proxecto que  levamos adiante co portfolio das linguas, foi este singular xogo de formación de palabras, o SCRABBLE. Novamente foi un proxecto común para as diferentes linguas do centro, e outra vez máis, emprazouse na entrada principal da escola, onde todos temos acceso a el.

Para xogar o noso SCRABBLE, o primeiro que hai que facer é elixir unha palabra, unha que nos guste moito, en calquera das linguas. Unha vez a temos elixida só temos que pensar se é unha palabra que está en inglés, castelán ou galego, xa que seguiremos o código de cores que asignamos para cada unha das linguas: GALEGO, CASTELÁN  e INGLÉS.

Finalmente só temos que buscar as letras que forman a nosa palabra e para iso vannos axudar os demais.

Entre todos imos formando palabras que forman unha gran cadea multicolor!



page | by Dr. Radut