Logo de pedir e pedir todo o curso poder escoitar o "Gangnam Style" e as súas diversas versións ("Pocoyó Style", "Rías Baixas Style"...), decidímonos a crear a nosa propia letra que serva de recordo do que foron estes tres anos na escola.
Invitámosvos a que a aprendades para acompañarnos cantando na festa de fin de curso.
No 1º vídeo podedes escoitar como a cantamos nos e logo intentalo vos sós no 2º.
A semana pasada fomos coñecer o noso entorno máis próximo, Os Ánxeles. Vimos o Pazo de Armental, muiños,a fonte de augas ferras,a igrexa parroquial... Ollade:
COMO SABEDES,FAI UNHAS SEMANAS FIXEMOS UNHA VISITA PARA COÑECER UN POUCO MELLOR O NOSO CONCELLO.
ESTIVEMOS NAS TORRES DE ALTAMIRA,EN SANTA MINIA, NO TREMO, NO RÍO PEGO, EN BASTAVALES... E VIMOS HÓRREOS, IGREXAS, CRUCEIROS, LAVADOIROS, RÍOS, UNHA PONTE ROMANA QUE UNE TEO CON BRIÓN...
TODAS AS FOTOS DESTA SAÍDA FORON FEITAS POR NOS (@S NEN@S) PERO TENDES QUE PERDOAR PORQUE PARECE QUE A CÁMARA INFANTIL DA ESCOLA NON TEN MOITA CALIDADE (OU NON NO LA PUXERON A PUNTO...). ESPERAMOS QUE POLO MENOS VOS FAGADES UNHA IDEA DO QUE VIMOS E O BEN QUE O PASAMOS!!
Aquí tedes unha pequena mostra, do ben que o pasamos no entroido. Hai que dicir que os disfraces quedaron moi chulos, non si? Estes mestres e mestras merecen un aplauso!!!
Pouco despois de voltar das vacacións a nosa primeira saída foi a Santiago a ver "O Quebranoces" A verdade é que o pasamos moi ben e aquí tedes unha pequena mostra do que vimos .
Ademais das festas, as saídas e os traballos impresos que levades para as casas...gustaríanos compartir con vos o que foi o día a día na escola este 1º trimestre.
Como veredes gústanos xogar, facer crebacabezas, disfrazarnos, ler, ir á carballeira e facer actividades con elementos da natureza... Tamén aprendemos cousas sobre Galicia (moitas delas grazas á colaboración das familias): carteámonos cunha peregrina que nos manda cousiñas dos pobos polos que pasas, facemos un recuncho sobre o tema, traballamos co mapa...
Como cada curso , celebramos as festas populares :
Magosto: fomos á escola da Luaña e merendamos castañas, pan con mel, mazás... Tamén cantamos, xogamos...e rematamos coa cara tisnada do carbón.
Nadal: decoramos a escola, escribimos as cartas dos Reis Magos e entregámosllas aos seus paxes, falamos do Apalpador... e despedimos o trimestre cunha merendola con doces propios da festa.
Pasámolo realmente ben no "maratón de contacontos" do pasado 19 de outubro. Grazas aos pais que colaboraron lendo os libros favoritos dos pequenos, puidemos pasar a mañán co "Pollo Pepe", "Fonchito", "o gato Guille", o morcego "Estelaluna", os "tres porquiños", unha vaca que puxo un ovo e moitos outros amigos.