Skip to Content

Secretaría

Xornada de portas abertas virtual

Estimadas familias:

O vindeiro martes 2 de marzo de 2021 ás 16:30 horas, realizaremos unha reunión virtual para as novas familias que desexen coñecer información da escola.

A reunión virtual realizarase a través da aplicación Cisco Webex. Para participar na reunión as persoas interesadas deberán enviar un email ao correo do centro: eei.anxeles@edu.xunta.gal indicando que queren participar en dita reunión e recibirán un email coas indicacións para unirse á reunión.

Se alguén ten problemas para unirse á reunión poderán chamar ao teléfono do centro: 981509977

RESERVA PRAZA CURSO 2021-2022

O alumnado que neste curso está matriculado nesta escola en 6º de educación infantil e para o vindeiro curso vai matricularse no CEIP de Pedrouzos en 1º de educación primaria terá que facer solicitude de reserva de praza .

 PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

MATRÍCULA ESCOLAR CURSO 2020-2021

O prazo para formalizar a matrícula escolar para o vindeiro curso 2020-2021 do NOVO ALUMNADO, estará aberto do 1 ao 10 de xullo, en horario de 9:30 a 13:00, de luns a venres.

Para formalizar a matrícula será necesario entregar os seguintes impresos cubertos e asinados, que poderán recollelos no centro ou descargalos dende aquí, ademais da seguinte documentación

PRAZO SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021

O prazo para solicitar o uso do servizo de comedor para o vindeiro curso 2020-2021 será dende o 25 de xuño ao 3 de xullo de 9:30 a 13:00 horas.

Documentación que deberán presentar:

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMISIÓN

Dende hoxe luns 15 de xuño están publicadas as listas defiitivas de admitidos/as na escola.

Como non houbo reclamacións non sufriron modificacións as listas. Todo o alumnado foi admitido.

Recordamos que do 1 ao 10 de xullo deberán formalizar a matrícula.

REANUDACIÓN DOS PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN

Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado.

Dende o vindeiro luns 11 de maio e ata o luns 18 de maio poderase entregar no centro a documentación para a solicitude de admsión de alumnado. As novas datas de todo o proceso son:

 

  • entrega de solicitudes de admisión:  do 11 ao 18 de maio incluídos.
  • entrega de documentación en caso de que sexa necesario baremar: ata o 26 de maio. ( o día 19 de maio avisaremos por email e na web do centro se é necesario baremar)
  • publicación das listas provisionais de admitidos: antes do 9 de xuño
  • no prazo de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da lista provisional poderanse realizar reclamacións no centro.
  • publicación da lista definitiva de admitidos: antes do 26 de xuño.
  • realización da matrícula: do 1 ao 10 de xullo

O horario do centro para realizar estes trámites administrativos será de 10:00 a 13:00 horas. Para calquera dúbida poden chamar ao número 981509977.

 

ADMISIÓN ALUMNADO

XORNADA PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS

 O MARTES 3 DE MARZO ás 16:30 realizarase unha reunión informativa na que se poderán visitar as instalacións do centro e se resolverán dúbidas.

Nos seguintes enlaces dispón de mais información do proceso de admisión

 

XORNADA PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS

XORNADA PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS

 

O MARTES 3 DE MARZO ás 16:30 realizarase unha reunión informativa na que se ensinará as instalacións do centro ás novas familias e se resolverán dúbidas.

A finais de febreiro colgaremos máis información sobre o proceso de admisión e a documentación.

MATRÍCULA ESCOLAR 2019-2020

O prazo de presentación de matrícula estará aberto dende o 20 ata o 30 de xuño. A presentación da documentación realizarase no centro en horario de 09:30 a 14:00.

A matrícula soamente terá que realizala o alumnado que se matricula por primeira vez no centro(os actuais alumnos/as non teñen que formalizar a matrícula).

 

Documentos de centro

Nos arquivos adxuntos poderanse consultar distintos documentos de organización e funcionamento do centro. 

O Proxecto Educativo de Centro (PE)

A Programación Xeral Anual.

A Programación de Ciclo.

Plan de Convivencia

Matrícula Curso Escolar 2016-2017

O prazo de presentación de matrícula estará aberto dende o 20 ata o 30 de xuño. A presentación da documentación realizarase no centro en horario de 10:00 a 13:00.

A matrícula soamente terá que realizala o alumnado que se matricula por primeira vez no centro(os actuais alumnos/as non teñen que formalizar a matrícula).

Calendario Escolar 2014_2015

No arquivo adxunto publicamos o calendario escolar para este curso 2014_2015. No calendario xa aparece marcado como día non lectivo o 15 de maio por ser o día non lectivo escollido polo centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut