Skip to Content

MATRÍCULA ESCOLAR 2019-2020

O prazo de presentación de matrícula estará aberto dende o 20 ata o 30 de xuño. A presentación da documentación realizarase no centro en horario de 09:30 a 14:00.

A matrícula soamente terá que realizala o alumnado que se matricula por primeira vez no centro(os actuais alumnos/as non teñen que formalizar a matrícula).

 

O vindeiro curso probablemente comezará o día 11 de setembro. Nos vindeiros días publicaremos na porta da escola e mandaremos por email o horario do período de adaptación. En setembro convocarémolos para as entrevistas individuais; así como para a reunión de comezo de curso.

As familias que desexen solicitar o servizo de madrugadores que é xestionado pola ANPA, poderán formalizar a súa praza escribindo un email a : anpa.osanxeles@gmail.com
 
Para calquera dúbida poden pasar polo centro, chamar por teléfono ou escribirnos un email:
Tfno.: 981-509977    699525689      eei.anxeles@edu.xunta.es
 
Na páxina web do centro iremos colgando toda a nova información:
 
   DOCUMENTOS QUE SE DEBEN APORTAR

  • Dúas fotografías do neno/a tamaño DNI.
  • Fotocopia da tarxeta de vacinas.
  • Certificado médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o/a alumno/a atópase en condicións de matricularse nun centro ordinario.

 Se solicitaron comedor, deberán entregar tamén cuberta a folla de autobaremación.

Nos aquivos adxuntos enviamos a seguinte información:

  • Solicitude de matrícula. Anexo III
  • Autorización para uso da Imaxe Persoal.
  • Autorización de saída polo concello.
  • Enquisa de idioma.
  • Autobaremación para usuario de comedor.


INFORMACIÓN SOBRE COMEDOR

Segundo a instrución 9/2019 da secretaría xeral técnica da consellería de educación, universidade e formación profesional, do 7 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2019/2020; terán preferencia no uso do comedor:

 

 

 

  • Alumnado usuario do servizo do comedor no curso anterior.

  • Alumnado pertencente a unidades familiar en situación económica de exclusión social ou con discapacidade igual ou superior ao 33%.

  • Alumnado membro de familias numerosas.

  • Alumnado con pais e nais traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do fillo/a ao mediodía.

  • Outro alumnado do centro( escolarizado fóra da área de influencia).

 

Dentro do outro alumnado do centro a preferencia de uso de comedor será a seguinte:

 

            1. Estar empadroado no Concello de Brión.

            2. Alumnado de familias en situación socioeconómica de exclusión social.

            3. Incompatibilidade horaria dos proxenitores.

            4. Ter irmás/áns, usuarios de comedor escolar nesta escola.

            5. Alumnado con discapacidade.

            6. Ordenaranse as familias por renda económica per cápita máis baixa.

            7. Ser da área de influencia limítrofe.

            8. Ordenaranse os apelidos pola letra sorteada para o proceso de admisión.

 

 

 

 

 

Todo o alumnado que fixo uso do servizo de comedor escolar no curso 2018-2019 e comunicou que quere continuar facendo uso do servizo para o vindeiro curso ten a praza garantizada. O único que teñen que facer é cubrir a ficha de datos de usuario de comedor e entregala antes de do día 21 de xuño e o Anexo II (unha autodeclaración) e entregala no centro ata o día 11/09/2019.

 

 

 

O alumnado que está actualmente matriculado na escola e que non foi usuario do comedor no curso pasado, se quere facer uso del no vindeiro curso terá que solicitalo á dirección do centro. O prazo para solicitar praza no comedor escolar remata o 21 de xuño. Ademáis tamén terán que cubrir o Anexo II (unha autodeclaración) e entregalo no centro ata o 11/09/2019.

 

 

 

O alumnado que comeza novo nesta escola para o vindeiro curso, terá que marcar na folla de matrícula a casiña na que solicita o uso do servizo de comedor ( non é necesario entregar o padrón municipal porque xa o fixeron xunto coa solicitude de admisión). O prazo para a solicitude remata o 30 de xuño. Como imos ter que baremar, xa que hai máis solicitudes que prazas, o alumnado que teña a ambos proxenitores traballadores con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do mediodía, acreditarán documentalmente mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores, xunto cunha copia dos contratos de traballo, polas altas censuais iniciais ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e as modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente, de habelas, e polas certificacións expedidas polas xefaturas de persoal correspondentes.

 

A maiores terán que cubrir o Anexo II (unha autodeclaración) que poderán entregar no centro ata o 11/09/2019. O alumnado que non é da área de influencia da nosa escola terá que aboar o prezo máximo de servizo por día que é de 4,50€, independentemente do resultado que obteña na autobaremación.

 

 

 

A partir do 30 de xuño que finaliza o prazo de solicitude de comedor, a dirección do centro ordenará as solicitudes por preferencia de uso. Como se prevén máis solicitudes que prazas o Consello Escolar será o encargado de revisar e baremar as solicitudes. Unha vez reunido o Consello Escolar publicarase unha lista provisional de admitidos e a lista de reserva, abríndose un prazo de cinco días para a presentación de alegacións. Unha vez finalizado o prazo de alegacións e resoltas polo Consello Escolar aprobarase o listado definitivo de admitidos e de reserva.

 

AdxuntoTamaño
anexoiii_1_infantil_primaria.pdf427.8 KB
Enquisa idioma infantil.pdf81.03 KB
autobaremacion_comedor_2019.doc51.5 KB
autorización fotografías.doc24.5 KB
Autorización saída pola localidade.doc23.5 KB
explicacions_comedor_xuño.doc31 KB
Nota informativa familias.doc27.5 KB
Ficha_datos_usuarios_comedor.doc25.5 KB


page | by Dr. Radut