SEMANA DO LIBRO
O día 23 de abril foi o día do libro, e nos celebrámolo facendo lecturas dos nosos contos favoritos. Aquí podedes ver os contos que nos leron algún dos nenos e nenas da escola. Por rigurosa orde alfabética:
BÁRBARA:
Contounos duas historias dos Bolechas:
Os bolechas van ao circo
Os bolechas teñen unha avespa na casa
CAROLINA
Fixádevos en que ten de especial este libro de Os 3 porquiños:
A que parece que está do revés? Pois non, ás veces a cámara produce efectos raros, e aínda que non o pareza Carolina está a ler o conto ben, pero por arte de maxia a cámara deulle a volta, que cousas ten a tecnoloxía non si?
MARTA
Tamén nos contou duas historias, cal vos gusta máis? :
Por favor comparte
Maisy se va a nadar
MARTÍN:
Cóntanos tamén dous contos, un deles un pouco tolo:
Amora
Confundindo Historias
MATEO P.
Escolleu o conto de Carrapuchiña Vermella, coñecédelo?
SOFÍA
E como non podía faltar no día do libro e das historias, aquí temos á nosa creadora, Sofía contounos un conto versionado por ela: cómo credes que lle podemos chamar?
UXÍA
Elixiu o conto de O gato Guille e os monstros, serán de verdade ou de mentira?
Que vos parece a nosa homenaxe ao día do libro?
Pero non o deixamos só nunha semana, os libros gústannos todo do ano,
ZOE
Por iso Zoe nos trae esta historia de O galo Kiriko:
Comentarios