Skip to Content

Matrícula Curso Escolar 2016-2017

O prazo de presentación de matrícula estará aberto dende o 20 ata o 30 de xuño. A presentación da documentación realizarase no centro en horario de 10:00 a 13:00.

A matrícula soamente terá que realizala o alumnado que se matricula por primeira vez no centro(os actuais alumnos/as non teñen que formalizar a matrícula).

Gustaríanos convidar tamén aos nenos/as e ás súas familias á festa de fin de curso que organizaremos na nosa escola o vindeiro mércores 22 de xuño. A celebración será dende as 16:30 ata as 19:00. 
 
  O vindeiro curso comezará o día 12 de setembro. Nos primeiros días de setembro poñerémonos en contacto con todas as familias para avisarlles do horario durante o período de adaptación e para convocalos ás entrevistas individuais; así como á reunión de comezo de curso.
 
Para calquera dúbida poden pasar polo centro, chamar por teléfono ou escribirnos un email:
Tfno.: 981-509977    699525689      eei.anxeles@edu.xunta.es
 
Na páxina web do centro iremos colgando toda a nova información:
 
   DOCUMENTOS QUE SE DEBEN APORTAR

  • Dúas fotografías do neno/a tamaño DNI.
  • Calendario de vacinas.
  • Certificado médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o/a alumno/a atópase en condicións de matricularse nun centro ordinario.

 Se solicitaron comedor, deberán entregar tamén cuberta a folla de autobaremación.

Nos aquivos adxuntos enviamos a seguinte información:

  • Solicitude de matrícula. Anexo III
  • Elección Relixión/Alternativa.
  • Autorización para a páxina web.
  • Autorización para uso da Imaxe Persoal.
  • Autorización de saída polo concello.
  • Enquisa de idioma.
  • Autobaremación para usuario de comedor.


INFORMACIÓN SOBRE COMEDOR

Segundo a instrución 2/2016 da secretaría xeral técnica da consellería de cultura, educación e ordenación universiaria, do 30 de maio, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2016/2017; terán preferencia no uso do comedor:

  • Alumnado usuario do servizo do comedor no curso anterior.
  • Alumnado pertencente a unidades familiares en situación económica de exclusión social ou con discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Alumnado membro de familias numerosas.
  • Alumnado con pais e nais traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do fillo/a ao mediodía.
  • Outro alumnado do centro( escolarizado fóra da área de influencia).

 
O alumnado que comeza novo nesta escola para o vindeiro curso, terá que marcar na folla de matrícula a casiña na que solicita o uso do servizo de comedor. O prazo para a solicitude remata o 30 de xuño. Como imos ter que baremar, xa que hai máis solicitudes que prazas, o alumnado que teñan a ambos proxenitores traballadores con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do mediodía, acreditarán documentalmente mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores, xunto cunha copia dos contratos de traballo, polas altas censuais iniciais ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e as modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente, de habelas, e polas certificacións expedidas polas xefaturas de persoal correspondentes.

A maiores terán que cubrir o Anexo VI (unha autodeclaración) que poderán entregar no centro ata o 12/09/2015. O alumnado que non é da área de influencia da nosa escola terá que aboar o prezo máximo de servizo por día que é de 4,50€.
 
A partir do 30 de xuño que finaliza o prazo de solicitude de comedor, a dirección do centro ordeará as solicitudes por preferencia de uso. Como se prevén máis solicitudes que prazas o Consello Escolar será o encargado de revisar e baremar as solicitudes. Unha vez reunido o Consello Escolar publicarase unha lista provisional de admitidos e a lista de reserva, abríndose un prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións. Unha vez finalizado o prazo de alegacións e resoltas polo Consello Escolar aprobarase o listado definitivo de admitidos e de reserva.

AdxuntoTamaño
anexoiii_1_infantil_primaria.pdf427.8 KB
Autorización saída polo concello.doc38.5 KB
Enquisa idioma infantil.pdf81.03 KB
2.-OPCIÓN_SOBRE_O_ENSINO_DA_RELIXIÓN.doc44.5 KB
autorización fotografías.doc38 KB
autorización páxina web do centro.doc38.5 KB
autobaremacion_comedor_2016.doc48.5 KB
explicacions_comedor.doc29.5 KB
Ficha_datos_usuarios_comedor.doc43 KB


page | by Dr. Radut