Skip to Content

Obradoiro de Cociña

Como xa vos anunciáramos, a actividade a desenvolver no mes de novembro polo ANPA será: Coa comida si se xoga

 

Contido: Obradoiro de cociña no que os nenos poderán preparar de forma lúdica a súa propia merenda: preparación duns canapés e unha torta tren.

Data: Sábado 24 de novembro, ás 16:30 ata as 18:30 horas.

Lugar: Urdilde, ao lado do Centro de Saúde (ver no mapa ou no esquema). Coordenadas GPS: 42.833823,-8.732459).

 

Aforo: 20 nenos, debido a que o espazo é limitado, é imprescindible comunicar a asistencia ao ANPA, e a adxudicación das prazas irá en orde de anotación.

 

Requisitos: Mandilón “sufrido”, prato, bol, garfo e culler, vaso (mellor se son de plástico pero non de usar e tirar), moldes divertidos para recortar os canapés (se tedes), un tupperware por se sobra algo e por último ganas de pasalo ben.

 

Para facer fronte ás compras do material para a actividade, no mesmo obradoiro, imos pedir 2,00 euros por neno/a  no caso de estar asociado á ANPA, e 4,00 euros en caso contrario.

ANPA ascende a 12 € por ano e familia. O número de conta en Novagalicia Banco da ANPA "Rosalía de Castro" é 2080-0327-46-3000056520. Por favor, para facilitar o noso control, indicade no momento do ingreso o nome e apelidos do neno ou nena no concepto da transacción.

Para apuntarse á actividade, por favor, cubride o seguinte cuestionario: http://goo.gl/LhaKV  antes do xoves 22 de novembroou escribídenos a: anpa.osanxeles @ gmail.com



page | by Dr. Radut