Skip to Content

Obradoiro de nadal

Como xa vos adiantáramos na primera circular, a actividade do mes de decembro será un Obradoiro de Nadal

Contido: Levaránse a cabo manualidades relacionadas co Nadal (realización de postais, unha árbore navideña).

 Data: Venres, 21 de decembro, ás 16:30 horas.

 Lugar: Local do Voluntariado (antigo Local Sindical) dos Ánxeles (casa de pedra das xanelas vermellas) perto do colexio.

Aforo: O local é moi pequeno, así que non haberá sitio para máis de 10-15 nenos.

Requisitos:

Revista de papel “couché” (un Hola! ou un catágolo de xoguetes dun centro comercial).

4 Cartulinas

1 Lapis

Pinturas ou ceras

Tixeira

Mandilón “sufrido” e unha toalla ou pano para limpiar o neno despois da actividade, e ganas de pasalo ben.

 

Para facer fronte ás compras do material para a actividade, no mesmo obradoiro, en función do número de nenos imos pedir entre 1,00 e 2,00 euros por neno/a  no caso de estar asociado á ANPA, e ata 4,00 euros en caso contrario.


A cuota anual de asociado na ANPA ascende a 12 € por ano e familia. O número de conta en Novagalicia Banco da ANPA "Rosalía de Castro" é 2080-0327-46-3000056520. Por favor, para facilitar o noso control, indicade no momento do ingreso o nome e apelidos do neno ou nena no concepto da transacción.

Para apuntarse á actividade, por favor, cubride o seguinte cuestionario (antes do venres): http://goo.gl/ZmUXD



page | by Dr. Radut