Skip to Content

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

   Como xa sabedes, o martes 1 de Marzo fomos de excursión a Pontevedra.

    A primeira parada fixémola na Illa das Esculturas para merendar e coller forzas.

   No salón do libro quedamos abraiados coas manualidades que fixeron nen@s de  distintos colexios sobre contos nos que aparece a mentira para decorar as distintas salas do museo. Ademáis, puidemos ler algún conto novo e comprobar se había os que xa coñecemos....e falando de coñecer....coñecimos a Orbil, un lobo mascota do salón.

   Para comer fomos a un sitio precioso (Lourizán) cheo de árbores e prantas e moito espacio  para correr.

   Xa pola tarde estivemos cun contacontos e merendamos algo antes de coller o autobús.

   Aínda que algún de nós se quedou durmido uns 15 minutos como moito, podemos dicir que grazas ao combustible "ganas de pasalo ben" conseguimos que fora un día estupendo que nos deixou con ganas de repetir.

   Para que o poidades comprobar por vós mesmos, aí van unhas fotiños (iranse poñendo máis nas outras aulas, páxina principal...).

                                             Un saúdo!

 

                                                                    

 



page | by Dr. Radut