Skip to Content

OS BOSQUES ( ÁRBORES)

Ola!

Como xa sabedes, no segundo trimestre visitounos David o gnomo e propúxonos averiguar cousas dos bosques. Déixanos cartas encomendándonos algunha tarefa e como acostumamos a facelas moi ben, premianos con algún agasallo como películas sobre a súa vida.

Primeiro tivemos que traballar cos seres fantásticos coma él e grazas ás familias, a profe e @s compañeir@s descubrimos xacias, fadas, trasgos, a Busgosu, Pedro chosco...

As fragas están cheiñas de árbores e David vive nas raíces dunha polo que investigamos sobre elas e coñecemos nomes e curiosidades dalgunhas e os beneficios que nos aportan aos humáns.

A última ocorrencia do noso amigo foi deixarnos unha carta facéndonos preguntas que nos levaban a distintas pistas ata chegar a unha sorpresa. Tivemos que recordar moitas cousas que aprenderamos pero "valeu a pena" porque atopamos un conto moi bonito sobre os animais dos bosques. Agora queremos saber que outros animais viven con eses que viñan no conto.

Ademáis estamos a aprender algo que quizais sexa o máis importante que é a necesidade de coidar a natureza e como podemos facelo: separando o lixo para reciclar, pechando os grifos cando non son necesarios, respectando aos seres vivos, sen tirar lixo ao chan...



page | by Dr. Radut