Skip to Content

VISITA Á ILLA DE CORTEGADA

Ola de novo!

Como xa sabedes, a última saída que fixemos este curso foi á Illa de Cortegada. Fomos @s nen@s de 3 e 4 anos e a verdade é que o pasamos xenial.

Ao chegar a Carril, os da nosa clase fomos un ratiño ao parque mentres esperabamos a que volvera a zodiac de levar aos maiores ata a Illa. Despois fomos nós.

Puxéronnos uns chalecos laranxas como flotadores e alá fomos!!! O "capitán dicia que tiveramos coidado por se despertaba o tiburón, pero non o fixo.

O chegar á Illa merendamos e dispuxémonos a facer un roteiro. No camiño, contáronnos a historia dun rei moi malo que botara á xente que vivía en Cortegada, paramos a comer piños, a coller cunchas...e coñecemos a un carballo comepedras que nun tempo comía as ovellas dos veciños e os dous homes máis fortes abríronlle a boca, sacáronllas e metéronlle pedras para que nunca mái s as volvera comer.

Rematada a ruta e algo cansos, comemos e rapidamente nos fomos a xogar á area... Como se "nos caían os ollos" coa auga, deixáronnos sacar o calzado e remangar os pantalóns para xogar na orilla. Fixemos un castelo, xogamos a "poilla e morcego", ao " zapatiño inglés", e a un xogo de escaparlle ao lobo.

Voltamos a Carril todos contentos na zodiac e xogamos un pouco no parque mentres nos foron a mercar...xeados!!!!

No autobús, rendidos de cansancio e calor, algúns... non puidemos vencer o sono.

Foi un día moi divertido e portámonos moi ben.


Comentarios



page | by Dr. Radut