Novas

Un total de 178 centros de ensino públicos participan este curso no programa ‘Introdución da robótica en primaria’

Novas eduxunta - Ven, 2019-11-15 13:38
Summary: A Consellería de Educación vén de incorporar 25 centros a esta iniciativaCada colexio participante conta cun kit de material que lle permite iniciarse na programación básica, robótica e construción Idioma Gallego

Un total de 178 centros de ensino públicos de toda Galicia desenvolverán este curso o programa de innovación educativa Introdución á robótica educativa en primaria, que ten como obxectivo que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción. Para continuar ampliando a participación dos colexios nesta iniciativa, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de incorporar neste curso 2019/20 un total 25 centros docentes públicos ao programa.  A relación de novos centros pode consultarse na seguinte táboa:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

A Coruña

CEIP José Cornide Saavedra

A Coruña

Ames

CEIP Agro do Muíño

A Coruña

Camariñas

CEIP O Areal

A Coruña

Carballo

CEIP Bergantiños

A Coruña

Culleredo

CEIP Isaac Díaz Pardo

A Coruña

Culleredo

CEIP Vila de Rutis

A Coruña

Fene

CPI A Xunqueira

A Coruña

Ferrol

CEIP Recimil

A Coruña

Moeche

CEIP de San Ramón

A Coruña

Narón

CRA de Narón

A Coruña

Oleiros

CEIP Luís Seoane

A Coruña

Vedra

CPI Plurilingüe de Vedra

Lugo

Begonte

CEIP Virxe do Corpiño

Lugo

Lugo

CEIP A Ponte

Ourense

Pobra de Trives, A

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

Ourense

Xunqueira de Ambía

CEIP Padre Crespo

Pontevedra

Moaña

CEIP Plurilingüe Domaio

Pontevedra

Mondariz

CPI de Mondariz

Pontevedra

Nigrán

CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios

Pontevedra

Ponteareas

CEIP Fermín Bouza Brey

Pontevedra

Pontevedra

CEIP A Xunqueira Nº 1

Pontevedra

Tui

CEIP Plurilingüe de Guillarei

Pontevedra

Vigo

CEIP Virxe do Rocío

Pontevedra

Vigo

CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral

Pontevedra

Vigo

CEIP O Sello

 

Introdución á robótica educativa en primaria enmárcase na estratexia Edudixital 2020 e vai dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º ou 6º de educación primaria. Cada centro educativo, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro no marco da normativa vixente, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa desta consellería ou obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.

Cada centro docente de nova incorporación seleccionado para desenvolver o programa recibirá unha dotación de material relacionada coa robótica educativa para poder levar a cabo o  proxecto, que estará formada por 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado, 6 kits de construción que permitan a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes, un manual de uso e unha guía didáctica.

Plans e actuacións en innovación educativa Educación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas

Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2019/2020. Resolución provisional

Novas eduxunta - Ven, 2019-11-15 13:30
Idioma Gallego

Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 4 de outubro do 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2019-2020 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Prazo de presentación de reclamacións: ata o 20 de novembro de 2019.

Tema: Información xeralProxectos de formación do profesorado de formación profesionalEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Novas

Resolución definitiva de centros admitidos no programa Introdución á robótica educativa en primaria para o curso 2019/2020

Novas eduxunta - Ven, 2019-11-15 13:25
Idioma Gallego

Achégase a Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso 2019/20.
 

Anuncio principal: Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020Tema: Plans e actuacións en innovación educativa Ensinanza: Educación primariaDepartamento: Servizo de Formación do ProfesoradoColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas

Relación das persoas investigadoras que van realizar una estadía de investigación de 3 meses no ano 2020 financiada ao abeiro da convocatoria de axudas predoutorais do ano 2019

Novas eduxunta - Ven, 2019-11-15 13:06
Idioma Gallego

De acordo co artigo 6.5 da Orde do 31 de decembro de 2018 (DOG número 21, do 30 de xaneiro de 2019), pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo programa operativo FSE Galicia 2014- 2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019, a Secretaría Xeral de Universidades publica a relación de persoas investigadoras que gozarán dunha estadía de 3 meses de duración de acordo co indicado no artigo 3 da citada orde de convocatoria. Así mesmo, publícase a relación de persoas que tiñan concedida unha estadía pero que non a van realizar polos motivos que se indican en cada caso.
 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Novas

Carmen Pomar salienta o papel das bibliotecas escolares como ferramentas activas a prol da igualdade e inclusión nos centros

Novas eduxunta - Ven, 2019-11-15 10:39
Summary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional abriu a xornada “Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na diversidade” que reúne a profesionais e docentes para intercambiar experiencias e ofrecer un mellor servizo á comunidade educativaA Xunta destinará en 2020 máis de 2,5 millóns de euros aos diferentes programas de apoio ás bibliotecas escolares, que suman cada ano novos centros Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, puxo en valor o importante papel que desempeñan as bibliotecas escolares como ferramentas activas a prol dunha maior igualdade, inclusión e atención á diversidade nos centros educativos na medida en que “dan cabida a todas e a todos, á discapacidade e ás altas capacidades, ao diverso en toda a súa gama de matices, cada quen cos seus ritmos, os seus intereses e as súas necesidades”.

Así o expresou con motivo da apertura da Xornada “Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na Diversidade” que congrega en Santiago a profesionais vinculados á docencia para compartir experiencias e coñecementos e debater e afondar na posta en marcha de novas iniciativas que reforcen o traballo das bibliotecas escolares dentro dos propios centros educativos. 

En palabras da conselleira, ademais de estar ao servizo da mellora das competencias clave do alumnado, as bibliotecas escolares “son o motor das escolas ao converterse en centro creativo das aprendizaxes; na ferramenta máis futurista, pero tamén a máis ancorada nos saberes elementais: a comunicación, oral, a comprensión lectora, a capacidade para expresarse a través da palabra, a colaboración e a convivencia”. Consciente da relevancia deste espazo nos centros de ensino, a Xunta incrementa nos orzamentos de 2020 ata máis de 2,5 millóns de euros a partida destinada ás distintas accións vinculadas ás bibliotecas escolares.

Cómpre sinalar que os centros que se suman a estas accións medran cada ano. Así, neste curso preto de 700 centros de ensino se beneficiarán das axudas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), 28 deles de nova incorporación; 80 participan no programa Radio na Biblio, 30 máis que no curso anterior; e 79 en Biblioteca Creativa, 25 deles adheridos este ano.

Obradoiros e experiencias

Ademais de obradoiros e mesas de experiencias nas que participan responsables de bibliotecas escolares de Galicia así como poñentes e expertos de fóra da Comunidade Autónoma, nesta xornada abordáronse outros temas, como a adaptación de textos de lectura fácil, os recursos tecnolóxicos na atención á diversidade, a accesibilidade ás bibliotecas ou o proxecto Lecturas no Canmiño de lectura apoiada con cans para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Atención á diversidadeXornadasBibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas

A Comisión Escolar de Alertas mantén para mañá, venres 15, a suspensión da actividade lectiva nos centros da montaña de Lugo

Novas eduxunta - Xov, 2019-11-14 14:56
Summary: Agárdase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa nestas zonas, con espesores de neve superiores a 20 centímetros Idioma Gallego

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de manter para mañá, venres 15 de novembro, a suspensión da actividade lectiva na zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros.

A suspensión de clases afectará nesta zona a 789 alumnas e alumnos de 15 centros .Como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado nas zonas non afectadas pola suspensión, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf  ).

 

 

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas

Alerta de nivel LARANXA por neve durante o día 15 de novembro na montaña de Lugo e amarelo na montaña de Ourense

Novas eduxunta - Xov, 2019-11-14 13:25
Idioma Gallego

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA na zona de predición meteorolóxica da montaña de Lugo durante venres día 15.11.2019 a partires das 00.00 horas e prolongarase ata as 00:00 horas do 16.11.2019, por Nevaradas con espesores superiores a 20 cm.

Así mesmo advirte dun adverso de nivel amarelo que afectará á zona de montaña de Ourense por nevaradas con espesores de ata 15 cm.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. MANTENSE A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DOCENTES E DO TRANSPORTE ESCOLARnos centros educativos situados nas zonas de predición indicadas (MONTAÑA DE LUGO), dende o inicio estimado do adverso meteorolóxico, con seguimento das condicións climáticas.
  2. NON SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES na zona de montaña de Ourense.
  3. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
  4. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )

File:  ActaTema: Alertas e avisosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Consellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosEmpresas
Categorías: Novas

Listaxe provisional de persoas candidatas aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas correspondentes ao curso 2018/2019

Novas eduxunta - Xov, 2019-11-14 08:55
Idioma Gallego

Publicada a Listaxe provisional de persoas candidatas aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas correspondentes ao curso 2018/2019.

  • As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días para a reclamación ou emenda das carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada. De non facelo, consideraranse como desistidos/as da súa petición. Poderase dirixir por correo electrónico ao enderezo xsere@edu.xunta.gal
     
Anuncio principal: Convocados os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas correspondentes ao curso 2018/2019Tema: Premios autonómicosEnsinanza: Ensinanzas de danzaEnsinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoEnsinanzas de músicaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas

Resolución provisional dos centros seleccionados do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019

Novas eduxunta - Mér, 2019-11-13 15:43
Idioma GallegoAnuncio principal: Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019

Xúntase a Resolución provisional do 13 de novembro de 2019, pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme ao disposto no apartado 7 da Resolución do 29 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2018/19.
 

Tema: Atención á diversidadePremios autonómicosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Inclusión e Orientación EducativaColectivo: ProfesoradoCentrosSección: Atención á diversidade e orientaciónBoletínPortada de boletín
Categorías: Novas

Resolución provisional de centros admitidos no programa "Espazos Maker" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Novas eduxunta - Mér, 2019-11-13 14:01
Idioma Gallego

Achégase a resolución provisional dos centros docentes admitidos no programa "Espazos Maker" durante o curso 2019/20.

  • Ábrese un prazo de 5 hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, pode adiantar as posibles reclamacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo espazostem@edu.xunta.es, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.

Anuncio principal: Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Espazos Maker" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020Tema: Plans e actuacións en innovación educativa Ensinanza: Educación secundaria obrigatoriaBacharelatoDepartamento: Servizo de Formación do ProfesoradoColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas

Resolución provisional da convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos

Novas eduxunta - Mér, 2019-11-13 13:54
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocatoria de premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros públicos

Resolución provisional do 13 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Educacción, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve o premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros docentes públicos de ensino non universitario da Consellería de Educación, Universidade e Formción Profesional.

  • Ábrese un prazo de 5 hábiles para realizar reclamacións ou renuncias
Tema: Plans e actuacións en innovación educativa Ensinanza: Educación secundaria obrigatoriaBacharelatoFormación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Formación do ProfesoradoColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas

Alerta de nivel LARANXA por neve durante o día 14 de novembro na montaña de Lugo e amarelo na montaña de Ourense

Novas eduxunta - Mér, 2019-11-13 13:46
Idioma Gallego

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA na zona de predición meteorolóxica da montaña de Lugo durante xoves día 14.11.2019 a partires das 00.00 horas e prolongarase ata as 00:00 horas do 15.11.2019, por Nevaradas con espesores superiores a 20 cm.

Así mesmo advirte dun adverso de nivel amarelo que afectará á zona de montaña de Ourense por nevaradas con espesores de ata 15 cm.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DOCENTES E DO TRANSPORTE ESCOLAR nos centros educativos situados nas zonas de predición indicadas (MONTAÑA DE LUGO), dende o inicio estimado do adverso meteorolóxico, con seguimento das condicións climáticas.
  2. NON SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES na zona de montaña de Ourense.
  3. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
  4. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )
 

File:  ActaTema: Alertas e avisosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Consellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosEmpresas
Categorías: Novas

A Comisión Escolar de Alertas suspende mañá, xoves 14, a actividade lectiva nos centros da Montaña de Lugo

Novas eduxunta - Mér, 2019-11-13 13:14
Summary: Agárdase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa nestas zonas, con espesores de neve superiores a 20 centímetros Idioma Gallego

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender mañá, xoves 14 de novembro, a  actividade lectiva na zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros.

A suspensión de clases afectará nesta zona a 789 alumnas e alumnos de 15 centros .Como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado nas zonas non afectadas pola suspensión, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentrosEmpresas
Categorías: Novas

Educación concede os premios extraordinarios de ESO a 20 estudantes que destacan polo seu rendemento académico

Novas eduxunta - Mér, 2019-11-13 10:51
Summary: A Consellería de Educación convoca cada ano estes galardóns que teñen como obxectivo valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou educación secundaria obrigatoria en Galicia cun excelente aproveitamento Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer a 20 estudantes cos Premios Extraordinarios de ESO ao Rendemento Académico correspondente ao curso 2018-19, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Estes galardóns, instaurados con carácter anual, teñen como finalidade valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou ESO no sistema educativo galego cun excelente aproveitamento académico.

En total outorgáronse 20 premios extraordinarios para o alumnado que finalizou os seus estudos de educación secundaria obrigatoria no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. Todos os premiados obtiveron unha media das cualificacións en todas as materias dos catro cursos de ESO igual ou superior a 9, e deles, o 45 por cento obtivo unha nota media de entre 9,75 e 10; o 50 por cento de entre 9,25 e 9,75; e o 5 por cento restante de entre 9 e 9,25.

Cada premio está dotado cunha contía de 750€ e supón a anotación da distinción no seu expediente académico, así como un diploma acreditativo. Ademais outórgalles a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria.

Alumnos premiados

Nesta edición na provincia da Coruña resultaron galardoados 8 alumnos, que son Rosalía Soto Rey do IES Antonio Fraguas Fraguas (Santiago de Compostela); Carmen González Fernández do IES Fraga do Eume (Pontedeume); Leopoldo Fernández Sánchez, Cristina Lamela Vázquez e Mario Freire Arias do CPR Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela); Pedro Vidal Villalba do CPR Tirso de Molina (Ferrol);  Noelia Penabad Garrote do CPR Ayala (Narón); e Mariña Tuñas Carballo do IES As Ínsuas (Muros).

Na provincia de Ourense os premiados foron Adrián Vázquez Velasco do IES Ramón Otero Pedrayo e Luis Martínez García do IES O Couto, ambos centros na cidade de Ourense. 

E na provincia de Pontevedra os 10 premios recaeron en Ariadna Lorenzo Poncela e Lucía Cuíña Moreira do IES Sánchez Cantón (Pontevedra); Ibai Otero Gómez do IES Francisco Asorey (Cambados); Claudia Gómez Lomba do IES A Sangriña (A Guarda); Pedro Rodríguez Viñas do CPR Plurilingüe Mariano (Vigo); Xavier Graña Lobeira do IES Illa de Ons (Bueu); Andrea Ferrer Muñiz do IES de Poio; Celtia Castelo Gajino do CPR Plurilingüe Calasancio (Pontevedra); Emilia Alario Pastoriza do IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra); e Noa Comesaña González do IES de Beade (Vigo).

Premios autonómicosEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas

Concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/2019

Novas eduxunta - Mér, 2019-11-13 09:28
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/2019

Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19, convocados pola Orde do 20 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 29 de maio).
 

Servizo relacionado: Premios ao alumnadoTema: Premios autonómicosEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaDepartamento: Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: AlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas
Distribuir contido