Actividades

Deporte escolar en Portas

Noutro día de choiva, alumnas e alumnos de 6º de EP e 1º da ESO,  fomos facer deporte con compañeiras e compañeiros de Portas.

Visita ao Museo de Pontevedra

A pasada semana o alumnado de 6º de EP e 4º da ESO visitou o Museo de Pontevedra. Aínda que o día non nos acompañou moito, puidemos aprender unha morea de cousas e dar un paseo pola cidade.

O Magosto

O venres 11 de novembro celebramos o MAGOSTO con moitas castañas e xogos populares para facer a dixestión!

25N

O CPI Progreso únese a loita en contra da violencia machista.

Visita á biblioteca municipal de Catoira

A comezos de setembro fixemos unhas saídas didácticas á biblioteca municipal de Catoira para aprender un pouco mellor como é o funcionamento dunha biblioteca púbiica e poder aplicalo tamén na biblioteca do cole.

Un camiño de lembranzas

No mes de setembro tivemos o pracer de participar desta fermosa actividade que xira arredor do Camiño de Santiago organizada pola Asociación Agadea. Nela o alumnado de 4º da ESO acompañado polo mestre de Plástica Lolo, puido compartir unha xornada de sensibilización e convivencia na que compartiron moito agarimo. A partir do minuto 5 podedes ver un pequeno resumo.

Actividades Samaín

Anímate a participar nalgunha das actividades de Samaín!!!

Videoclip "Te debo una canción"

Nalgunhas ocasións danse os ingredientes necesarios para que acontezan cousas marabillosas. Isto foi o que ocorreu este curso nas aulas de terceiro de Educación Primaria do CPI Progreso de Catoira.

Ao son dos temas do grupo Shinova comezaban todos os días as súas labores escolares e pouco a pouco fóronse convertindo nun dos grupos das súas vidas.

Isto foi tan motivador para eles, que decidiron facer un vídeo dunha das súas  cancións estrela do seu último álbum "La buena suerte", en homenaxe a dito grupo.

O vídeo conta con centos de visitas e pódese visualizar na plataforma de Youtube.

O día 15 de xullo Shinova actuará no Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa, evento ao que asistirán todos estes cativos acompañados dos seus mestres.

Proxectos

De 3º a 6º de EP estivemos traballando moi duro con diferentes proxectos de diversa índole. En canto os tivemos rematados, fomos correndo a expoñerllos aos demáis compañeiros e compañeiras que seguidamente nos contaron o que estiveran a facer eles tamén.

Aprendimos unha morea de cousas!

Xogos

Aproveitando o bo tempo e os últimos días do trimestre tivemos unhas sesións de xogos tanto na biblioteca do cole como ao aire libre nas novas mesas de merenda.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer