Blog da ESO

Nas aulas do CPI do Progreso temos contedores para facer unha recollida selectiva dos nosos residuos. Na materia de Proxecto Competencial, dentro do noso traballo de Conservación do Medioambiente, fixemos uns vídeos cos que vos lembramos como deben ser utilizados os diferentes contedores de xeito correcto.

Aquí vos deixamos os enlaces:

RECICLAXE DE PLÁSTICOS

RECICLAXE RESTOS ORGÁNICOS

RECICLAXE DE PAPEL

 

 

                

Con motivo da celebración do Día do Libro, o alumnos de 4º de ESO na materia de Lengua castellana y Literatura realizamos unha pequena investigación sobre a historia do libro. Isto permitíunos achegarnos timidamente a un proceso histórico do máis interesante que conecta diferentes culturas do mundo.

Esta incursión no marabilloso mundo do libro levounos a querer compartir de manera breve e amena o que aprendemos co alumnado do CPI Progreso. Por iso, realizamos unha presentación para todo o alumando da ESO do noso centro e que deu paso a un taller de escritura con cálamo sobre un dos materiais primigenios máis utilizados na Antigüidade, o papiro.

Se pinchas na imaxe, poderás acceder á presentación que realizamos, así como algunhas fotografías que amosan o que se fixo neste taller. Esperamos que vos guste e invitámosvos a comentar no foro calquera proposta ou opinión sobre esta actividade. Sorriso

Somos o alumnado de 4º ESO e queríamos comentarvos un traballo que fixemos hai un tempo...

Preto de abril, os rapaces de 4º puxémonos mans a obra cun proxecto de Dixitalización que consistiría en facer unha viñeta de Luis Davila, que é o autor das viñetas que están nos pasatempos do xornal de encontrar as 8 diferenzas.

Fixemos algunhas das moitas viñetas que ten este artista con ferramentas que nos proporcionou o programa GIMP, que é un programa de edición de imaxes. O proceso foi sinxelo, mirando a viñeta puidemos facer o fondo, debuxando e coloreando as árbores, rochas, ríos... Logo de ter o fondo totalmente listo fixemos unhas fotos de nos mesmos en fondo verde para que as personaxes que aparecen na viñeta falando tiveran a nosa propia marca persoal. A continuación, puxémonos coas viñetas, abrimos o programa Libre Office Draw e escribimos o texto correspondente de cada viñeta nuns bocadillos que nos proporcionou a propia aplicación. Pasamos os bocadillos ao GIMP e colocámolos no seu lugar na viñeta, recortamos as nosas imaxes e situámolas onde están as personaxes e xa temos a nosa viñeta de Luis Davila, en formato de imaxe e GIF animado.

Se pinchades na imaxe que vos deixamos por aquí podedes ver o resto dos traballos...

Moitas grazas por ver o noso traballo!

O alumnado de 2º da ESO realizamos un proxecto sobre Lina Bo Bardi e os seus mobles e obras de arte.

Esta muller nacida en Roma no 1914, que desempeñou múltiples roles como arquitecta, deseñadora, museógrafa, escritora, deseñadora e activista cultural sempre atenta a tradición e a modernidade e s costumes populares. Tras a guerra emigrou a Brasil onde viviu ata o seu falecemento no ano 1992.

Neste caso, replicamos algúns dos seus mobles en miniatura, feitos de madeira para que despois sirvan de xoguetes para os nenos de infantil. Primeiro Helena, dounos unhas táboas de madeira e tivemos que marcar a medida das figuras seguindo as instrucións. Logo, tivemos que cortalas cunha serra deixando un pouco de marxe para despois poder lixalas. Unha vez as tivemos listas, pegámolas con cola e limpamos os restos. Por último, démoslle dúas capas de verniz intentando deixalas o mellor posible. Á vez que facíamos isto, tamén tiñamos que facer un traballo en Agueiro.

Este foi o resultado final...

Se queredes saber máis sobre o noso traballo podedes pinchar na imaxe!

 

E as gañadoras do concurso foron...

Xiana Castiñeira Coira (ESO), Dolores Padín Riveiro (Primaria) e Ana Riveiro Rodríguez (Primaria)

 PARABÉNS A TODAS!

O 9 de novembro celébrase o Día Internacional do Inventor. Aínda que a denominación refírese só aos homes, nós reivindicamos que se chame...

Día Internacional da Inventora e do Inventor!

De feito, aínda que non se inclúe ás mulleres na denominación deste día, púxose esta data de celebración en honor a unha muller: Hedy Lamarr. Esta actriz, enxeñeira e inventora austriaca inventou o espectro ensanchado, tecnoloxía precursora da wifi

O Día do Inventor creouse para rendir tributo a todos os inventores do mundo, pero principalmente a Hedy Lamarr, quen pasarou á historia no anonimato, debido a que cedeu a patente do seu invento ao exercito dos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial.

Hedy LamarrNa materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º ESO, escollemos unha inventora, buscamos información sobre ela e deseñamos un cartel para dar a coñecer moitas inventoras descoñecidas por nós.

Se pinchas na imaxe anterior podes ver o resultado desta actividade.

Durante ese día realizamos un concurso, onde había que responder preguntas sobre dita exposición.

QUEN GAÑOU O CONCURSO?

GAÑADORAS DO CONCURSO

 MARIÑA (1º ESO A), ÁLEX (5º EP) e PAULA (1º ESO A)

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.