Estes días o alumnado de Ed. Primaria estivo facendo exposicións dos diferentes proxectos que estiveron a levar a cabo ao longo deste trimestre. Ollade que ben o fan!!!
Outra edición máis das postais de nadal. Non deixa de sorprendernos a creatividade e orixinalidade do alumnado. Noraboa a tod@s, especialmente aos gañadores!!!
A pasada semana o alumnado de 6º de EP e 4º da ESO visitou o Museo de Pontevedra. Aínda que o día non nos acompañou moito, puidemos aprender unha morea de cousas e dar un paseo pola cidade.