Normalización lingüística

Entrega de premios Concurso de relatos sobre a Paz

O pasado venres fixemos a entrega de premios do "concurso de relatos sobre a paz".

Estamos moi contentos pola gran participación do alumnado así coma pola calidade dos traballos presentados.

Coma sempre, premiouse aos grupos de maior participación, sendo estes 5°A de primaria e 1°A da ESO, e tamén aos mellores relatos de cada curso:
5°EP: Loaira Tejero Gómez
6°EP: Azeb Touriño Martínez e Antía Barreiro Riveiro
1°ESO: Sara Guimarey Catoira
2°ESO: non se presentou ningún alumno ao concurso, agardamos que para a próxima se animen.
3°ESO: Alba Isorna Felpeto
4°ESO: Raquel García Busto
Parabéns para tod@s @s participantes e en especial para estas pedazo de escritoras!!
Deixámosvos algunhas fotos da xornada.

Letras Galegas 2021: Xela Arias

Este ano non disfrutamos de moitas das actividades típicas no centro para a conmemoración do Día das Letras Galegas. Entre delas por exemplo, a olímpiada literaria. Pero si nos atrevimos co concurso literario e foi todo un éxito! RÉCORD DE PARTICIPACIÓN!

Así que... NORABOA A TOD@S, especialmente aos gañadores e gañadoras!

Festival de cine escolar OLLOBOI

Fai uns días acudimos á entrega de premios do Festival de cine escolar OLLOBOI no que nos fixeron entrega do diploma como finalistas na categoría de videoclip.
Estamos encantad@s por que outro festival importante da nosa comunidade recoñecese a labor que fixemos coa canción Catoira Style. Aproveitamos para felicitar á organización por facer un evento tan fermoso e seguro e aos galardoados porque os traballos eran todos de gran calidade.

Moitas gracias OLLOBOI!

8 de marzo. Día de Rosalía

Este ano engadimos á importancia que xa ten de por sí mesmo este día, a celebración do 1º Premio acadado no Certame da Xunta para o 8 de marzo. 

O pasado venres 5 a mestra de 1º Ana Gómez acompañada da alumna Julia Ferreirós García e do alumno Iker Hernández Lorenzo foron a Santiago á gala de entrega de premios.

O mesmo día 8 tivemos a visita do Xefe Territorial de Educación D. César Pérez Ares acompañado polo Delegado da Xunta en Pontevedra D. Luís López Diéguez e polo Alcalde de Catoira D. Alberto García García. Nesta recepción  que tivo lugar na biblioteca do centro, os tres se amosaron moi agarimosos cos cativos e eles, como era de esperar,  fachendosos do éxito acadado explicáronlle o significado do seu traballo. 

Aquí tedes un resumo do que aconteceu. Son para comelos a bicos!

Día de Rosalía

Aquí vos deixamos algunhas actividades que se levaron a cabo  o 24 de febrerio con motivo do Día de Rosalía.

Ata tivemos a visita da mesmísima Rosalía de Castro, da man de Tero Rodríguez, membra do grupo de teatro Os Quinquilláns e veciña de Catoira.

A Candeloria

Como pasou con outras datas –por exemplo, coa noite de San Xoán–, a Igrexa acabou cristianizando a celebración pagá que tiña lugar o 2 de febreiro: o día da Candeloria.
orixe da celebración habería que buscala nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza. Sería o ritual do lume coas súas virtudes protectoras e afastadoras de desgrazas.
Xa na antiga Roma se celebraba a festa do lume e na honra da fertilidade (as Lupercais). Nela había unha procesión con candeas acendidas toda a noite. Será no ano 492 cando o Papa Xelasio I prohiba a celebración pagá das Lupercais e crea a festa da Purificación da Virxe María, na que hai unha procesión dentro da igrexa con candeas benditas.
O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos –non anda lonxe a primavera–, fai que a data da Candeloria adquire outro simbolismo: acostuma dicirse que é o tempo no que casan os paxariños: “Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola”Luís Amado Carballo, en Proel –1927–, incluíu un poema titulado “A Candeloria”.

Así de fermoso quedou o edificio da ESO decorado polo seu alumnado.

Canción "Os maios"

Vídeo creado durante o confinamento polo alumnado de 3º de Educación Primaria na clase de música.


Día de Rosalía de Castro

Mañá é o día de Rosalía de Castro e non se nos ocorre mellor xeito de festexalo que coa estrea do noso videoclip!

Este trap sobre o poema "Adios ríos, adios fontes" está interpretado na súa totalidade polo alumnado de 6º de Eucación Primaria.

Agardamos que vos guste!

Letras Galegas 2017

Deixámosvos unha pequena montaxe, resumo de moitas actividades que levamos a cabo en relación a Carlos Casares e o día da nosa língua. Agardamos que vos guste!

Para todos vós... No bico un cantar interpretado polos alumnos/as de 6º de Educación Infantil

Ao longo do mes de maio, mes das flores e das letras, os cativos de 6º de Educación Infantil estiveron traballando arredor dun gran proxecto: ROSALÍA DE CASTRO!

Todo xurdiu dunha simple canción que motivou o interese destes pequenos e pequenas que despois dun intenso mes de traballo acadaron aprender moitas cousas e das que vos queremos amosar unha pequena mostra.

Para todos vós... NO BICO UN CANTAR! interpretado polas voces do alumnado de 6º de infantil e o acompañamento de Uxía Senlle. Agardamos que vos guste!

En breve... volveremos con máis cousas!

Powered by Drupal - Design by artinet