O entroido

Así de guap@s fomos este antroido no CPI Progreso de Catoira!!!!!

 

O amor

Estivemos estes días un pouquiño romanticóns escribindo un cento de mensaxes fermosas para a nosa familia, a nosa ou o noso mellor amigo, á nosa mascota, para aquel libro que nos encantou ou esa canción que non somos capaces de sacar da cabeza....
 
Que quede ben clariño... que estamos totalmente namorados da vida!!!!!

Día da paz

Este ano enchimos a nosa ría cunha morea de peixes cargados de bos desexos!!!!
 
Ademáis os alumn@s de 6º de EP fixéronnos uns paneis de realidade aumentada con diferentes persoas ás que lles foi adicado este día para que puidésemos aprender un pouco máis. Foi moi divertido!!

 

Aniversario Xosé

Onte tivemos un día moi especial lembrando ao noso conserxe Xosé.

Rodeados dos seus familiares, representantes do Concello, antigos compañeiros, familias, alumnado e persoal do centro fixemos un pequeno e  emotivo acto no que quixemos descatar os seus valores e a súa labor como compañeiro e persoa,  dentro desta comunidade educativa.





Os dereitos do neno e a nena

Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, David del Oro Miguéns, Martín Otero Isorna e Juan Manuel Vázquez Suárez aproveitan para facernos unhas estupendas recomendacións sobre os libros da colección "Os dereitos do Neno e a Nena" que temos na biblioteca. 

 

Non os perdades porque están XENIAAAAAAL!!!!

 

Deporte escolar

 

Amosámosvos as últimas xornadas de Deporte Escolar ás que nos levou o profe de Ed. Física Fernando ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP.

Apadriña un lector

Esquencémonos de amosarvos a nosa actividade favorita de Nadal: Apadriña un lector!!!! 

 

Ademais, tamén tivemos o pracer de recibir a visita dos Reis Magos, ir ao teatro ver o espectáculo do CEMUMA e como non... as festas de aula!!!!

Distribuir contido