Skip to Content

blogue depily

PUNTO LARANXA

PUNTO LARANXA -

O PUNTO LARANXA é unha medida impulsada dende a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración do alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

Como funciona o Punto Laranxa?

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

Existen dúas vías para comunicar a túa mensaxe:

1ª OPCIÓN – PUNTO LARANXA FÍSICO:

1. Escribe a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.

2. Localiza o Punto Laranxa do teu centro. Neste caso, está na parede situada entre a sala de reunións e sala do arquivo no Edificio Principal.

3. Deposita na caixa do Punto Laranxa o teu papel. Esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o Acoso Escolar no centro (Equipo ACAE).

2ª OPCIÓN – PUNTO LARANXA VIRTUAL:

Outra opción é achegar a túa mensaxe a través do formulario que se atopa na páxina web do centro. Atoparás unha icona como esta na marxe dereita da páxina web do centro.

Unha vez premes na imaxe, aparecerá un formulario que consta dun único campo de texto no que poderás escribir a túa mensaxe e esta será enviada á conta de correo dun dos membros do equipo ACAE para revisar a solicitude dun xeito anónimo.

[Novas do centro]

Distribuir contido


by Dr. Radut