Club de Ciencia

Foguetes de azucre

  

 

Unha das actividades que fixemos co alumnado de 4º da ESO foi a realización dos chamados foguetes de azucre. Para elo fíxonos falta o seguinte material: nitrato potásico azucre glas (sacarosa), tubos de pvc, area de gato,estufa eléctrica, balanza ebengalas de cumpleanos.

O primeiro paso foi facer a mestura do nitrato potásico co azucre, que tamén é chamada "pólvora blanca". Neste paso tivemos que ter especial coidado co secado, o cal fixemos nunha estufga eléctrica. Unha vez feita a mestura a introducimos nun anaco de tubo de PVC tapando os extremos con area de gato. Tivemos que prensar todo con tolete de madeira do diámetro do tubo e golpeando cun martelo. Ao final fixem,os un burato onde introducimos a bengala de cumpleanos que fixo as veces de mecha.

O experimento saliu á perfeción para regocijo de todo o alumnado, pero temos que recoñocer que lograr un bo secado da mestura é fundamental para que o foguete sala disparado cara arriba e non quede na terra botando fume coma un botafumeiro..

O ano próximo probaremos con novas ideas

O misterio dos fogos artificiais

Unha das actividades que fixemos en secundaria no Club de Ciencia, foi desentrañar os fundamentos da creación dos fogos artificiais. Tras proceder a unha investigación previa, descubrimos que esta cor se debe á utilización de distintas tipos de sales nos mesmos, dependendo a cor dos catións que leven as sales.

O procedemento foi relativamente sinxelo. Preparamos varios recipientes con distintas sales, a saber: sulfato de estroncio, cloruro de calcio, cloruro de sodio, sulfato de cobre, e sulfato de bario. Disolvimos as sales en alcol, e logo lle prendimos lume e así obtivemos distintas cores: vermello, laranxa, amarelo , e zul. A verdade é que as cores non sempre foron nítidos, polo que de cara o ano que ven profundizaremos máis na actividade, e investigaremos como obrter novas variedades cromáticas mediante a mestura das diferentes sales.

Creando cristais

 

 

Unha ds actividades que fixo o alumnado de secundaria do Club de Ciencias, foi a creación de cristais. Previamente fixemos un estudo sobre en que consistía a cristalización e cales eran as condiciones idóneas para que se formen os mellores cristais.

Comezamos facendo unha disolución sturada de dihidroxenofosfato de amonio, para o cal tivemos que controlar mediante un termómetro que a auga adquirise a temperatura adecuada. Para que os cristais adquirisen unha coloración, engadimos colorante alimentario. Foron os mesmos alumnos os cales partindo das cores de qeu dispoñiamos (amarelo, azul e vermello) crearon as tonalidades deseadas. Tamén engadimos papel de alumninio á disolución para que logo favorezan a cristalización.

Unha vez feita a disolución, vertimos o contido no interior dun taper cuadrado, en cuxo fondo colocamos previamente un cristal pequeno, creado con anterioridade, para que actuase como núcleo de cristalización. Por último, puxemos o taper con moito coidado no interior de un recipiente de porospan co obxecto de ralentizar o enfriamento, e polo tanto o proceso de cristalización, o máximo posible para así poder obter cristais o mellor formados posible.

O resultado e digno das vitrinas dos mellores museos do mundo!

As propiedades máxicas da quimioluminiscencia

 

Quimioluminiscencia

 

No mes de Decembro estivemos traballando coa luz, pero non coa luz eléctrica, senon coa luz química.

Despois de estudar os principios químicos da quimioluminiscencia e ver tamén o caso particular da bioluminiscencia polas luciferinas, decidimos por as mans na masa.

Primeiro xogamos a ser detectives CSI e analizar a escena dun crime. E  para elo preparamos unha disolución de luminol (qué caro é este produto), e unha de ferricianuro de potasio que faría as vaces de "sangue". Con esta solución manchamos algunhas mesas, e o alumnado do Club de Ciencias tivo que descubrir co uso do luminol en que mesas había restos de "sangue".

Analizamos asimesmo as tripas dos "glowsticks" e a reación das tintas fluorescentes e o bis 2,4, triclorofenil oxalato coa auga osixenada para emitir luz duradeira.

Completamos a actividade facendo unha solución de rodamina e vendo a emisión de luz baixo unha lámpada de luz ultravioleta.

Bombeo do corazón

O alumnado de sexto de primaria do clube de ciencias fixemos unha recreación do bombeo do corazón. Para isto precisamos diferentes materiais como foron: tarros de vidro, globos, pallas...

Rapidamente nos puxemos á obra e pouco a pouco foi collendo forma.

E o resultado foi o seguinte:

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer