Equipo Directivo

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021-2022

Ao longo deste mes de novembro vaise levar a cabo o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar, é o órgano no que está representada tódola Comunidade Educativa, de aí que sexa importante a vosa participación no proceso.

A continuación deixamos unha serie de documentos que vos poden axudar para levar a cabo este proceso: Candidaturas, datas,....

Toda a información referente a este particular irémola engadindo neste artigo.

TIVEMOS VISITA

Onte visitaron o centro o delegado territorial da Xunta na Coruña, o xefe territorial de educación na Coruña e o Alcalde de Rois, para anunciar que nun prazo de dous meses levaranse a cabo as obras de mellora nos tres edificios do centro.

É unha nova nova que recibimos con entusiasmo.

RESULTADOS VOTACIÓN XORNADA ÚNICA 2021-2022

 

PARTICIPACIÓN : 90,8 %

SI : 127               NON:10             NULO:1

MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN DE TÓDALAS FAMILIAS

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer